Tour de Francia 2009
A 96.ª edición do Tour de Francia, disputada dende o 4 ó 26 de xullo de 2009, estivo composta por 21 etapas nas que se percorreron un total de 3.459 km, incluíndo 93 km de contra o reloxo. A saída da carreira tivo lugar en Mónaco, e a chegada foi como sempre en París.
Tipo | Tour de Francia ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Parte de | UCI World Ranking de 2009 (pt) ![]() ![]() |
Distancia do evento | 3.459,5 km ![]() |
Lugar de saída | Mónaco ![]() |
Liña de meta | París ![]() |
Número de participantes | 180, inicio 156, final ![]() |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2009 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Mónaco, España, Andorra, Suíza e Italia ![]() |
Intervalo de tempo | 4 de xullo de 2009 – 26 de xullo de 2009 ![]() |
Número de edición | 96 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Alberto Contador ![]() |
A chamada Grande Boucle visitou nesta edición un total de seis países: Mónaco, Francia, España, Andorra, Suíza e Italia (por orde cronolóxica).[1]
As novidades no Tour do 2009 foron a subida ó Mont Ventoux na penúltima etapa (substituíndo á tradicional contra o reloxo por unha xornada de alta montaña), a prohibición de empregar sistemas electrónicos de comunicación entre os ciclistas e os coches dos directores (o cal provocou a protesta dos equipos), e a recuperación da contra o reloxo por equipos.
O gañador final do Tour de Francia foi Alberto Contador. Nas outras clasificacións secundarias impuxéronse Franco Pellizotti (montaña e combatividade), Andy Schleck (mozos), Thor Hushovd (puntos) e Astana (equipos). O corredor que acadou un maior número de vitorias de etapa foi Mark Cavendish con 6 vitorias, todas elas ó sprint.
Etapas
editarClasificación Xeral
editarA clasificación xeral rematou do seguinte xeito:[2]
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Alberto Contador | Astana | 85h 48' 30″ | |
2 | Andy Schleck | Team Saxo Bank | + 4' 11" |
3 | |
Astana | + 5' 24" |
4 | Bradley Wiggins | Garmin-Slipstream | + 6' 01" |
5 | Frank Schleck | Team Saxo Bank | + 6' 04" |
6 | Andreas Klöden | Astana | + 6' 42" |
7 | Vincenzo Nibali | Liquigas | + 7' 35″ |
8 | Christian Vande Velde | Garmin-Slipstream | + 12' 04″ |
9 | Roman Kreuziger | Liquigas | + 14' 16″ |
10 | Christophe Le Mével | Française des Jeux | + 14' 25″ |
Notas
editar- ↑ Os números do Tour 2009 na páxina de Eurosport (en castelán)
- ↑ Clasificacións finais oficiais do Tour de Francia 2009 Arquivado 10 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tour de Francia 2009 |