Xesús Blanco Villar

ciclista español
(Redirección desde «Jesús Blanco Villar»)
Blanco Villar
Información persoal
Nacemento Xesús Blanco Villar
26 de marzo de 1962 (62 anos)
Socastro (Rois)
Nacionalidade Galicia Galicia
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
1982-88
1989-90
1991-92
1993
1995-96
1997-98
Teka
Seur
Lotus-Festina
Deportpublic
W52-Paredes
LA Pecol
Principais vitorias

Xesús Blanco Villar, nado en Socastro (Rois) o 26 de marzo de 1962[1], é un ex-ciclista galego.

Traxectoria editar

Comezou como profesional no equipo Teka, co que obtivo os seus triunfos máis destacados. En 1985 gañou a Volta a Galicia, a Volta a Castela e León e a Volta á Comunidade Valenciana, tres das probas por tiradas máis importantes nos anos oitenta. En 1986 acadou os éxitos máis notables, ao conseguir a vitoria en dúas tiradas da Vuelta a España (en Santander e en Puerto Real) e ao ser líder provisional durante unha xornada, a sexta. Esa proba foi gañada polo tamén galego Álvaro Pino. Ese ano obtivo a vitoria tamén na Volta á Comunidade Valenciana, pero foi descualificado por axudarse dun coche do equipo logo de sufrir unha avaría mecánica. A vitoria final obtívoa finalmente Bernard Hinault.

En 1987, sendo o líder do seu equipo na Vuelta, volveu conseguir outra vitoria na rolda española na tirada con final en Valladolid. En 1989 cambiou de equipo e empeza a súa decadencia como ciclista, pasando consecutivamente por diversos equipos: Seur (ciclismo), Lotus-Festina, Deportpublic, W52-Paredes e finalmente o LA Pecol cando se retiraría do ciclismo profesional en 1998. Nesa época a única vitoria importante foi a colleita en 1992 na Volta ao Alentexo.

Participou no Tour de Francia en tres ocasións: en 1986 (25º), 1987 (abandono) e 1988 (35º). Amais participou no Giro de Italia 1989, rematando no posto 25.

Tras a retirada converteuse en director deportivo dalgúns clubs de ciclismo como o Club Ciclista Vigués (1999-2002, 2006) e o portugués Beppi-Ovarense (2003-05). En 2007 incorpouse ao Karpin Galicia no posto de director deportivo (2007-2010) ás ordes de Álvaro Pino. Dende o ano 2013 exerce como director deportivo do Club Ciclista Padronés[2].

Palmarés editar

1985 editar

1986 editar

1987 editar

  • 1 tirada da Vulta Ciclista a España

1992 editar

Galardóns editar

O concello de Rois organiza un torneo de ciclismo que leva o seu nome.

Notas editar

  1. José Eugenio CZ (25 de xaneiro de 2013). "Jesús Blanco Villar". Historia del ciclismo (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2016. 
  2. "Presentación oficial del Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo". Biciclismo. 19-11-2015. Consultado o 19 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar