Abrir o menú principal

José Manuel Fuente

ciclista español

José Manuel Fuente Lavandera, nado en Limanes o 30 de setembro de 1945 e finado en Oviedo o 18 de xullo de 1996, foi un ciclista asturiano. Salientou como escalador e nas grandes voltas por etapas. O seu alcume era o Tarangu, palabra en bable que significa forte e afouto. Logo da súa retirada foi director deportivo do equipo CLAS.

José Manuel Fuente
JoséManuelFuente(c1998).jpg
Nacemento30 de setembro de 1945
 Siero
Falecemento18 de xullo de 1996
 Oviedo
Causapancreatite
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónciclista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou como profesional en 1969. Na seguinte tempada adxudicouse unha etapa na Volta a Cataluña. O ano da súa consagración como figura do ciclismo foi 1971, cando ademais de facerse co Gran premio da montaña no Giro de Italia, gañou unha etapa nesa volta e dúas no Tour de Francia.

En 1972 gañou a Volta a España, ademais do clasificación da montaña e unha etapa. No Giro de Italia acadou a segunda praza na xeral tras unha dura pugna con Eddy Merckx, dúas etapas e a clasificación da montaña. En 1973 foi terceiro no Tour de Francia que gañou Luis Ocaña, e oitavo no Giro de Italia, facéndose coa clasificación da montaña. Tamén gañou a Volta a Suíza ese mesmo ano, con dúas etapas e o premio da montaña. En 1974 obtivo a súa segunda Vuelta a España, e dúas etapas. No Giro gañou cinco etapas e foi quinto na xeral.

Retirouse debido a problemas de saúde en 1975.