Levi Leipheimer

ciclista estadounidense

Levi Leipheimer
Nacemento24 de outubro de 1973
Lugar de nacementoButte
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónciclista
Na rede
http://www.levileipheimer.net
Facebook: Leipheimer Twitter: LeviLeipheimer Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Levi Leipheimer en 2009.

Levi Leipheimer, nado o 24 de outubro de 1973 en Butte, Montana, é un ciclista estadounidense. Fíxose profesional en 1998 e deuse a coñecer na Vuelta a España 2001 na que rematou 3º na clasificación xeral. As súas características son axeitadas para as grandes voltas xa que se defende na montaña e destaca nas contra o reloxo. Ten sido campión nacional de ciclismo tanto en ruta como contra o reloxo, e acadou vitorias de etapa no Tour de Francia 2007 e na Vuelta a España 2008. Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 foi medalla de bronce na proba de contra o reloxo.

Participacións nas Grandes Voltas Editar

A Levi Leipheimer fóronlle retirados tódolos resultados obtidos nas Grandes Voltas entre o 1 de xuño de 1999 e o 29 de xullo de 2007 pola súa relación coa trama de dopaxe existente no equipo US Postal durante o conxunto dos anos de vitorias de Lance Armstrong. Deste xeito, foi despoxado dos podios acadados na Vuelta 2001 e no Tour 2007, entre outros resultados.

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
Giro de Italia - - - - - - - - - - - 18º - - -
Tour de Francia - - - - - Ab. 12º - Ab. 12º 32º 32º
Vuelta a España - - - - - 58º - - - - - - - -

Ab = Abandono

Equipos Editar

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar