Emilio Rodríguez
Emilio Rodríguez Barros, nado o 28 de novembro de 1923 en Ponteareas e finado o 20 de febreiro de 1984, foi un ciclista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Emilio Rodríguez Barros ![]() 28 de novembro de 1923 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Morte | 21 de febreiro de 1984 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ciclista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Disciplina deportiva | ciclismo en ruta ![]() |
Participou en | |
2011 | 2010–11 UCI America Tour (en) ![]() |
Vuelta a España ![]() |
|
Familia | |
Irmáns | Delio Rodríguez, Manuel Rodríguez Barros, Aurita Rodríguez e Pastor Rodríguez Barros ![]() |
Pertencente a unha familia de tradición ciclista con catro profesionais (el e mais os seus irmáns Delio Rodríguez, Manuel Rodríguez Barros e Pastor Rodríguez Barros, ademais da tamén competidora Aurita Rodríguez), empezou a súa carreira como profesional a mediados dos anos corenta. En 1946 consegue o seu primeiro título vencendo na Volta a Galicia e quedando de oitavo na Vuelta a España. O seu maior éxito foi conseguir a vitoria da Vuelta de 1950, onde ademais gañou cinco tiradas e o mailló da montaña, que xa obtivera en 1946 e 1947. Só participou unha vez no Tour de Francia, en 1954, cando xa a súa carreira como ciclista estaba rematando, e rematou de 43º. Ese mesmo ano obtiña o campionato de España de ciclismo en estrada.
Palmarés
editar1946
editar- Volta a Galicia
- Vencedor da montaña na Vuelta a España
- 8º na Vuelta a España
1947
editar- Volta a Galicia
- Volta a Asturias
- Volta a Cataluña
- 1 tirada da Vuelta a España
- Vencedor da montaña na Vuelta a España
- 4º na Vuelta a España
1948
editar- Volta a Cataluña
- Volta a Valencia
- 2º na Vuelta a España
1950
editar- 1º na Vuelta a España
- 5 tiradas da Vuelta a España
- Vencedor da montaña na Vuelta a España
1954
editar- Campión de España de ciclismo en estrada
- 43º no Tour de Francia
- 4º na Bicicleta vasca
1955
editar- Volta a Galicia
- 24º na Vuelta a España
- 5º na Volta a Asturias
1956
editar- 11º na Vuelta a España
1957
editar- 43º na Vuelta a España