Volta ciclista a Galicia

(Redirixido desde "Volta a Galicia")
Volta ciclista a Galicia ó seu paso por Cangas na edición do 2008.

A Volta a Galicia foi unha carreira ciclista por etapas de nivel profesional, clásica do calendario español, que percorría as estradas de Galicia. Comezou a disputarse en 1933, sendo Salvador Cardona o seu primeiro gañador. Até 1955 tivo unha existencia irregular. En 1984 e 1985 celebrouse en xullo, entre 1987 e 1999 en agosto, e no 2000 en setembro. No seu tempo contou con gañadores tan salientables como Miguel Indurain, Julián Berrendero, Delio Rodríguez, Andrew Hampsten ou Abraham Olano. O corredor con máis vitorias é o ponteareán Emilio Rodríguez, con tres.

Outros ilustres participantes na carreira foron Lance Armstrong[1] (gañador dunha etapa na edición de 1992), Claudio Chiappucci (segundo da clasificación xeral en 1994), Pedro Delgado[2], Paolo Bettini (gañador dunha etapa na edición de 1999), Laurent Jalabert (terceiro da clasificación xeral en 1996), Gianni Bugno (gañador dunha etapa na edición de 1993) etc.

A proba desapareceu no calendario do ciclismo profesional trala edición do ano 2000, pero a Volta a Galicia renaceu en 2002 para ciclistas afeccionados, cun formato de 5 etapas que logo foi reducido a 3, disputándose sempre no mes de setembro.

XerseisEditar

No caso da Volta a Galicia, estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:

  •   Xersei amarelo: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
  •   Xersei verde: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
  •   Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación das metas volantes.
  •   Xersei branco: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
  •   Xersei azul: vestido polo primeiro galego da clasificación xeral.

PalmarésEditar

 
Miguel Indurain, gañador en 1995, durante o XXI Criterium Ciutat de L'Hospitalet.
 
Andrew Hampsten, gañador en 1993, no Tour de France 1993.
Podios da Volta a Galicia
Edicións PRIMEIRO Segundo Terceiro
2015   Aitor González   Jorge Martín Montenegro   Pedro Merino
2014   Aitor González
2013   Pedro Gregori Martínez   Federico José Figueiredo Oliveira   José Antonio de Segovia Botella
2012   Luís Afonso   David Francisco Delgado   Miguel Gómez Crespo
2011   José Belda Mira   Héctor González Baeza   Moisés Dueñas Nevado
2010   Raúl García de Mateos   Sergio Escobar Roure   Rafael Rodríguez Segarra
2009   Enrique Salgueiro Alonso   Carlos Oyarzun Guíñez   Gustavo Rodríguez Iglesias
2008   Óscar García-Casarrubios   Vitor-Bruno Martins Carvalho   Dmitri Puzanov
2007   Óscar Laguna García (2)   Eduardo González Pascual   Carlos Oyarzun Guíñez
2006   Óscar Laguna García   Gonzalo Rabuñal Ríos   Alejandro Paleo Mosquera
2005   Manuel Jesús Jiménez   Alberto Fernández Sainz   Eder Salas Zorrozua
2004   Luis Fernández   Jorge Nogaledo García   Sergio Domínguez Rodríguez
2003   José Adrián Bonilla   José Ruiz Sánchez   Francisco Morales Pando
2002   Fernando Torres   Aitor Pérez Arrieta   José Mario Box Quinto
2001 Non se disputou - -
2000   Andrei Teteriouk   David Etxebarría   Juan Miguel Mercado
1999   Marcos Serrano   Andrei Teteriouk   Abraham Olano
1998   Frank Vandenbroucke   Abraham Olano   Marcos Serrano
1997   Aitor Garmendia   Gianluca Bortolami   Armand De Las Cuevas
1996   Abraham Olano   Andrei Tchmil   Laurent Jalabert
1995   Miguel Indurain   Maarten Den Bakker   Manuel Fernández Ginés
1994   Laudelino Cubino   Claudio Chiappucci   Stefano Della Santa
1993   Andrew Hampsten   Stefano Della Santa   Álvaro Mejía
1992   Fabian Jeker   Federico Echave   Oliverio Rincón
1991   Álvaro Mejía   Piotr Ugrumov   Fabian Fuchs
1990   Federico Echave   Laudelino Cubino   Johan Bruyneel
1989   Vicente Ridaura   Federico Echave   Iñaki Gastón
1988   Marino Lejarreta   Álvaro Pino   Miguel Indurain
1987   Jokin Mújika   Iñaki Gastón   Vicente Belda
1986 Non se disputou - -
1985   Jesús Blanco Villar   Vicente Belda   Raimund Dietzen
1984   Vicente Belda   José Recio   Jokin Mújika
1956-1983 Non se disputou - -
1955   Emilio Rodríguez (3)   Carmelo Morales   René Marigil
1948-1954 Non se disputou - -
1947   Emilio Rodríguez (2)   Manuel Rodríguez   Delio Rodríguez
1946   Emilio Rodríguez   Pastor Rodríguez   Luis Sánchez Huergo
1945   Delio Rodríguez   Emilio Rodríguez   Julián Berrendero
1936-1944 Non se disputou - -
1935   Julián Berrendero   Fermín Trueba   Mariano Gascón
1934 Non se disputou - -
1933   Salvador Cardona   Eusebio Bastida   Federico Ezquerra

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar