Consorcio Rexional de Transportes de Madrid
O Consorcio Rexional de Transportes de Madrid (CRTM) é unha sociedade pública dependente da Comunidade de Madrid que xestiona e regula todos os transportes públicos colectivos da Comunidade e que foi fundada o 16 de decembro de 1985.
Historia
editarEn maio de 1985,[1] apróbase a Lei de Creación do Consorcio Rexional de Transportes de Madrid (CRTM) pola Asemblea de Madrid.[2] Este edificio estaba situado por aquel entón na antiga Universidade Central en rúa de San Bernardo (Noviciado). Ata finais de ano vaise perfilando a estrutura orgánica e funcional do novo organismo ata a celebración da primeira reunión do Consello de Administración do CRTM, o 16 de decembro de 1985.
O 31 de decembro de 1986, a cidade e a Comunidade de Madrid trasladan todos os seus medios ao novo consorcio, do que o Metro de Madrid vén ser en diante unha filial. En 1989, setenta anos despois da apertura da primeira liña, a compañía de Metro se rebautiza como Metro de Madrid, S.A., ao pasar do Estado á Comunidade.[3]
En 1986 transportáronse a 951 millóns de viaxeiros. Desa cifra pasouse a 1.564,2 millóns en 2004.
Conselleiros de Transportes e Infraestruturas
editar- Francisco Granados Lerena (2003-2005)
- María Dolores de Cospedal García (xaneiro de 2005 - xuño de 2006)
- María Elvira Rodríguez Herrer (xuño de 2006 - maio de 2007)
- Manuel Lamela Fernández (maio de 2007 - xuño de 2008)
- José Ignacio Echeverría Echániz (xuño de 2008 - xuño de 2011)
- Antonio Beteta (xuño de 2011 - xaneiro de 2012)
- Pablo Cavero (xaneiro de 2012 - xuño de 2015)
- Pedro Rollán Ojeda (xuño de 2015 - setembro de 2017)
- Rosalía Gonzalo (setembro de 2017- agosto de 2019)
- Ángel Garrido García (agosto de 2019 - marzo de 2021)
- David Pérez García (marzo de 2021 - xuño de 2023)
- Jorge Rodrigo Domínguez (xuño de 2023 - actualidad)
Explotación (Modos de Transporte)
editarO CRTM asigna un identificador único a cada modo de transporte actualmente vixente na rexión. Existen numeracións de modos de transporte que non atópanse operativas, que poderían pertencer a antigos modos de transporte como o Tranvía de Madrid. Internamente utilízase esta numeración para distinguir todas as liñas, horarios e paradas dos distintos modos de transporte. Os modos de transporte do 1 ao 3, xunto co 7 non atópanse operativos.
4 - Metro de Madrid
editar- Artigo principal: Metro de Madrid.
É a rede de ferrocarril metropolitano da cidade española de Madrid e a súa área metropolitana. Foi inaugurado o 17 de outubro de 1919 polo rei Afonso XIII. Constitúe a rede de metro máis extensa de España, e a terceira de Europa (só por detrás dos metros de Moscova e Londres), con 294 quilómetros en 2021.
5 - Proximidades Madrid
editar- Artigo principal: Proximidades Madrid.
Trátase do servizo ferroviario explotado por Renfe Proximidades, división de Renfe Operadora, sobre unha infraestrutura de Adif, que comunica a cidade de Madrid coa súa área metropolitana e as principais poboacións da Comunidade de Madrid. Depende do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible.
6 - EMT Madrid
editar- Artigo principal: Empresa Municipal de Transportes de Madrid.
O servizo de autobuses urbanos de Madrid, tamén comercialmente EMT Bus ou EMT Madrid, é o principal servizo de transporte público operado pola Empresa Municipal de Transportes de Madrid. A rede dispón de 225 liñas (196 diúrnas, 28 nocturnas e Exprés Aeroporto) e unha frota de 2107 autobuses que dan servizo á cidade de Madrid.
8 - Autobuses interurbanos
editar- Artigo principal: Autobuses interurbanos de Madrid.
Pertencen ao Consorcio as liñas de autobuses interurbanos, distinguibles pola súa carrocería de cor verde. Estas liñas teñen un código de tres díxitos; o primeiro deles indica o sector da Comunidade ao que se dirixen as liñas desde Madrid. O CRTM tamén asigna o modo 8 de transporte aos autobuses de longo percorrido cos que se permite viaxar utilizando o Abono Transportes nalgúns traxectos.
- Artigo principal: Autobuses de longo percorrido en España.
- 1: Concellos situados ao redor da Autovía do Norte.
- 2: Concellos situados ao redor da Autovía do Nordeste.
- 3: Concellos situados ao redor da Autovía do Leste.
- 4: Concellos situados ao redor da Autovía do Sur e a autovía de Toledo.
- 5: Concellos situados ao redor da Autovía do Suroeste.
- 6: Concellos situados ao redor da Autovía do Noroeste.
- 7: Concellos situados ao redor da estrada M-607.
- 8: Liñas transversais.
- 9: Liñas que unen entre si os concellos situados no extremo norte da Comunidade.
9 - Outros autobuses urbanos
editar- Artigo principal: Autobuses urbanos da Comunidade de Madrid.
A rede de autobuses urbanos da Comunidade de Madrid está composta por un conxunto de liñas que atenden a 37 concellos da rexión.
10 - Metro Lixeiro
editar- Artigo principal: Metro Lixeiro de Madrid.
O modo de transporte máis recente trátase da rede de Metro Lixeiro de Madrid. Consta de 4 liñas que circulan en zonas periféricas á capital.
Premio á Promoción do Transporte Público do Consorcio de Transportes de Madrid
editarOs Premios á Promoción do Transporte Público e a Mobilidade Sostible son uns galardóns creados polo Consorcio de Transportes de Madrid con motivo do seu 25.º aniversario. Teñen como obxectivo recoñecer actuacións en prol do transporte público e a mobilidade sostible que foron levadas a cabo por persoas, empresas e institucións no ámbito da Comunidade de Madrid.
Véxase tamén
editarReferencias
editar- ↑ "Ley 5/1985, de 16 de mayo, de creación del Consorcio Regional de Transportes Públicos Regulares de Madrid" (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 1985.
- ↑ "Decreto 100/1985, de 26 de septiembre, por el que se regula el nombramiento de los vocales del Consejo de Administración del Consorcio Regional de Transportes Públicos Regulares de Madrid y la adhesión de los Ayuntamientos al mismo" (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 1985.
- ↑ "30 años trabajando para ti" (PDF) (en castelán).