O pico de Peñalara é o máis alto da Serra de Guadarrama (serra pertencente ao Sistema Central) e das provincias de Madrid e Segovia, cunha altura de 2.430 metros sobre o nivel do mar. En consecuencia, é un dos picos máis emblemáticos e importantes deste sistema montañoso. A altura media de Peñalara é de 1.200 metros.

Modelo:Xeografía físicaPeñalara
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional da Serra de Guadarrama Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaprovincia de Segovia, España e Comunidade de Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°51′00″N 3°57′22″O / 40.850013, -3.956008
CordilleiraSerra de Guadarrama Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.430 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.113 m Editar o valor en Wikidata
Peñalara desde o sur.

No cume desta montaña podemos atopar, a parte do vértice xeodésico, unha pequena capela dedicada á Virxe María e varios letreiros de madeira indicando varias rutas e os seus tempos de execución. O pico de Peñalara está no centro do macizo montañoso do seu nome, o cal é de tipo granítico e alberga unha serie de picos aliñados de nordeste a suroeste. Os bosques de piñeiro silvestre que tapizan as abas desta montaña deixan paso, por enriba dos 1.900 metros de altitude, ás praderías alpinas e matogueiras de alta montaña. A esta altura, e na aba leste, existe un circo e máis de vinte pequenas lagoas de orixe glaciar onde viven máis de dez especies de anfibios e outros animais de alta montaña. En Peñalara aprenderon os alpinistas máis importantes de Madrid e é unha montaña moi frecuentada por montañeiros e turistas grazas aos fáciles accesos que ten.

A montaña está incluída no Parque Natural de Peñalara, creado en 1990, que ocupa unha superficie de 750 ha.