Coordenadas: 40°16′57″N 3°47′33″O / 40.28250, -3.79250

Fuenlabrada é unha cidade e un concello español da Comunidade de Madrid, situado ao sur da cidade de Madrid, no límite externo da súa área metropolitana.

Fuenlabrada
Fuenlabrada.
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaMadrid
ProvinciaMadrid
ComarcaÁrea metropolitana de Madrid
Xeografía
Altitude664 msnm
Superficie39,1 km²
Demografía
Poboación198.132 hab. (2012)
Densidade5.067,31 hab./km²
Xentiliciofuenlabreño/a
Outros datos
Código postal28940–28947
AlcaldeManuel Robles (PSOE)
Páxina oficial

Está situado a uns 20 quilómetros ao sur de Madrid, e limita cos concellos de Móstoles, Arroyomolinos, Moraleja de Enmedio, Humanes de Madrid e Villarta de los Montes.

Historia Editar

 
Praza da Constitución

O nome de Fuenlabrada probablemente vén de Fuente Labrada, por unha fonte construída na actual Loranca, aldea precursora de Fuenlabrada xunto á de Fregacedos, cara ó século XII.

A poboación proveniente de Loranca, Fregacedos e Alba no século XIV estableceuse no que hoxe en día é o principio de rúa de la Fuente. Desde ese punto foise expandindo, e en 1606 xa contaba con diversas rúas nomeadas por edificios: da Iglesia, do Hospital ou das Tabernas. Cunha poboación de pouco máis de 1.000 habitantes, no século XVII xa estaba conformado o casco antigo de Fuenlabrada.

A poboación continuou aumentando durante os dous séculos seguintes, a excepción do tempo da ocupación francesa. En 1894 contaba con 2.175 habitantes. Ao longo da primeira metade do século XX, a diferenza do resto de España, Fuenlabrada aumenta a súa poboación a 2.908 habitantes en 1960. En menos dunha década sufriu un dos aumentos máis espectaculares da área metropolitana de Madrid. Pasou de ter 7.369 en 1970 á cifra de 65.181 en 1980. No ano 1990 alcanzou os 141.496 habitantes, e a principios do século XXI posúe ao redor de 200.000 habitantes. Ao longo de todo este tempo pasou dunha estrutura urbanística totalmente rural a unha gran cidade.

No 2006 a ministra da Vivenda, María Antonia Trujillo, concede á localidade o Premio Nacional de Urbanismo polo seu excelente Plan de Ordenación Urbana.

Demografía Editar

O termo municipal, de 39,41 km², tiña en 2018 unha poboación de 193.586 habitantes e unha densidade de poboación de 4929,58 hab./km².

É un dos municipios cunha poboación máis xove en todo o territorio español. Isto débese a un proceso de migración que tivo lugar nos anos 80, e á chegada de moitos xoves que procuraban vivenda, sendo así tamén a cidade moi castigada pola especulación inmobiliaria. En moi pouco tempo, a cidade pasou de ter 18.442 habitantes no 1975 a ter 212.395 en 2001. O seu crecemento foi espectacular, un 874,6 por cento.

En abril de 2006 Fuenlabrada entrou a formar parte das grandes cidades da Comunidade de Madrid, grazas á aprobación na asemblea da Lei de grandes cidades.

Economía Editar

 
Centro Comercial Plaza de la Estación, inaugurado en 2004.

A economía de Fuenlabrada pasou de ser predominantemente agrícola, a contar con numerosos polígonos industriais (Cobo Calleja, Sonsoles ou El Palomo) que fan desta cidade un motor económico da Comunidade de Madrid, xa que conta co 25% da industria da rexión.

Conta con máis de setenta centros de ensino, entre os que destaca o campus da Universidade Rei Xoán Carlos, o cal alberga desde 2000 a Facultade de Ciencias da Comunicación e a Escola Universitaria de Turismo; desde 2005 a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación (ETSIT); e desde 2007 o Instituto Superior da Danza Alicia Alonso; ademais de albergar parte da aula universitaria do centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Madrid-Sur.

Tamén conta cunha rede sanitaria, que dá servizo a todos os veciños da localidade, con numerosos centros de saúde. Así mesmo, a sanidade viuse reforzada coa construción do Hospital Universitario de Fuenlabrada, con capacidade para 385 camas, varias especialidades, que fai que os veciños non teñan que desprazarse ata Madrid ou Leganés. O hospital foi inaugurado en 2004 pola presidenta da comunidade autónoma, Esperanza Aguirre.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar