Provincia das Palmas
![]() | |
![]() | |
Capital | As Palmas de Gran Canaria |
Área | 4.066 km² |
Poboación | 1.083.502 hab. (2010) |
Densidade | 263,16 hab./km² |
Concellos | 34 |
As Palmas[1] (en castelán: Las Palmas) é unha provincia española das dúas que forman a comunidade autónoma das Illas Canarias, e está formada polas illas de Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e La Graciosa, así como por unha serie de cinco illotes: Alegranza, Montaña Clara, Lobos, Roque del Este e Roque del Oeste, que son as illas máis orientais do arquipélago, e que suman unha área de 4.066 km². Conta cunha poboación de 1.083.502 habitantes (2010), sendo a 13ª provincia española en número de habitantes e a primeira das Canarias.
A súa capital é a cidade das Palmas de Gran Canaria, sita na illa de Gran Canaria, que é tamén a capital das Canarias xunto con Santa Cruz de Tenerife.
A provincia xurdiu en 1927 coa separación desta provincia coa ata entón única provincia do arquipélago, a Provincia de Canarias.
Notas Editar
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia das Palmas |