Mogán

concello da illa de Gran Canaria

Mogán é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado ao suroeste da illa de Gran Canaria.

Modelo:Xeografía políticaMogán
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°52′00″N 15°43′00″O / 27.866666666667, -15.716666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
CapitalMogán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación20.845 (2023) Editar o valor en Wikidata (120,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie172,43 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude253 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataOnalia Bueno García (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35140 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35012 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmogan.es Editar o valor en Wikidata

Con máis de 18.000 habitantes no termo municipal, dos que ao redor de 500 viven na vila, Mogán localízase nun fermoso val que se estende desde o barranco do Mulato ata a costa. No litoral atópase o seu histórico porto pesqueiro, no pasado único medio de comunicación co resto da illa.

Porto deportivo de Mogán

A cabeceira do municipio áchase a unha altitude duns 250 metros, e a unha distancia de 93 quilómetros da capital insular, As Palmas de Gran Canaria.

A conexión coa rede de estradas do litoral grancanario foi o principal factor que promoveu a substitución da tradicional economía agrícola-pesqueira do municipio pola súa actual actividade turística, concentrada no porto de Mogán. Con todo, a agricultura non se abandonou: os cultivos tradicionais foron substituídos por outros máis rendibles, como as froitas tropicais destinadas á exportación.

A vila de Mogán é parada para quen se dirixe ao, ou vén do, municipio veciño de La Aldea de San Nicolás. Mogán festexa a Santo Antón de Padua o Mozo o 13 de xuño, e ao Grande o primeiro domingo de agosto, cunha romaría na que participan todos os pagos do municipio. Ao seu termo realízase un canto de gran tradición: o canto aos Pajaritos. A festividade de Santo Antón o Grande naceu como unha promesa ante unha praga de cigarras que azoutou os cultivos.

Demografía

editar
Ano Poboación Densidade
1991 8.688 -
1996 10.398 -
2001 12.444 72,34/km²
2002 15.935 98,07/km²
2003 15.932 98,06/km²
2004 15.176 88,17/km²
2006 16.569 96,09/km²
2007 18.547 107,56/km²
2010 22.638 131,29/km²

Localidades

editar
 
Porto de Mogán

Lugares de interese

editar
  • Muíño de Vento
  • Igrexa de Santo Antón de Padua
  • Zona arqueolóxica de Castilletes de Tabaibales
  • Zona arqueolóxica de Las Crucecitas.

Festas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar