Agüimes
Agüimes é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Posúe varios espazos naturais protexidos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Agüimes (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.179 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 79,28 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 275 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Sebastián ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Antonio Morales Mendez (en) ![]() ![]() | ||||
Orzamento | 38.000.000 € ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35260, 35269, 35270, 35118 e 35119 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35002 ![]() | ||||
Sitio web | aguimes.es ![]() | ||||
![]() |
O municipio ten hoteis e casa de curto aloxamento para poder desenvolver o turismo rural, o que atrae varios centos de visitantes ao ano. Posúe tamén un polígono industrial (o de Arinaga) no que se aloxan máis de 700 empresas.
Historia
editarO Agüimes actual foi fundado en 1491 sobre un importante asentamento aborixe logo de terminada a conquista castelá de Gran Canaria. Foi creado como vila baixo señorío episcopal por orde dos Reis Católicos, e outorgado á Igrexa como compensación pola colaboración desta durante a conquista. O territorio agüimense alberga diversos asentamentos prehispánicos de grande importancia: o propio centro histórico de Agüimes, Guayadeque e Temisas.
A súa riqueza hídrica, grazas aos cursos de auga provenientes da conca do barranco de Guayadeque, permitiu tras a conquista os primeiros cultivos de cana de azucre. Máis modernas son as explotacións de tomate e cogombro na zona de Arinaga destinadas á exportación.
Do mesmo xeito que no resto do sueste de Gran Canaria, parte da poboación de Agüimes optou no pasado pola emigración a Cuba, Porto Rico e outros países de América. Actualmente é unha zona de inmigración, beneficiada polo auxe do turismo no sur da illa e doutras actividades de servizos. Hai que sinalar ademais a puxanza da zona industrial de Arinaga, en torno ao porto homónimo.
Localidades
editar- Cruce de Arinaga
- Playa de Arinaga
- Agüimes
- Polígono de Arinaga
- Montaña Los Vélez
- Las Rosas
- La Banda
- Temisas
- Llanos Prietos (Los Espinales)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agüimes |