Santa Brígida
A vila de Santa Brígida é un municipio canario pertencente á provincia de As Palmas, na illa de Gran Canaria.
O seu nome aborixe era Sataute ("gran palmeiral" ou "poboado de palmeiras"), unha referencia ás numerosas palmeiras que medran nos barrancos da poboación.
XeografíaEditar
Xeograficamente, Santa Brígida presenta unha forma rectangular e sitúase no sector nordeste das medianías de Gran Canaria. Ten unha extensión de 23,81 km² e unha poboación de 18.919 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, xaneiro de 2007). A altitude da cabeceira municipal é de 520 metros sobre o nivel do mar.
PoboaciónEditar
Ano | Poboación | Densidade |
---|---|---|
1991 | 12.199 | - |
1996 | 16.809 | - |
2001 | 17.598 | 778,53/km² |
2002 | 18.719 | - |
2003 | 18.817 | 790,3/km² |
2004 | 18.599 | 778,53/km² |
2006 | 18.760 | 787,90/km² |
2007 | 18.919 | 794,58 /km² |