Coordenadas: 28°07′08″N 15°31′23″O / 28.118829, -15.523088

Arucas é un municipio español pertencente a provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no norte da illa de Gran Canaria.

Arucas
Panorámica de Arucas.jpg
Localización
Gran Canaria municipio Arucas.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
IllaFlag of Gran Canaria.svg Gran Canaria
Xeografía
Altitude400 msnm
Superficie33,01 km²
Demografía
Poboación36.872 hab. (2011)
Densidade1.116,99 hab/km²
XentilicioAruquense
Outros datos
AlcaldeÁngel Victor Torres (PSOE)
www.arucas.org

Destaca dentro do seu patrimonio histórico-artístico a igrexa de San Xoán Bautista, coñecida popularmente como a catedral de Arucas: aínda que a súa configuración inicial data do século XVII, a igrexa actual foi levantada en estilo neogótico de nova planta a principios do século XX. No seu interior garda un considerable tesouro artístico, con pezas escultóricas de procedencia italiana, pinturas flamengas e da escola andaluza, e obras de Cristóbal Hernández de Quintana.

HistoriaEditar

 
Vista de Arucas

O nome da localidade provén da tradución que fixeron os casteláns do topónimo aborixe "Arehucas". A cidade está asentada sobre un val, orixinariamente chan mariño que ao xurdir o volcán da Montaña de Arucas foi pechado formando unha lagoa.

En 1894 alcanza a categoría de cidade por graza da entón raíña rexente María Cristina, en mérito ao seu crecemento e laboriosidade.

A cidade áchase ao pé da montaña de Arucas, un volcán apagado no que hai un miradoiro con vistas excelentes cara aos catro puntos cardinales e que exhibe un aspecto moi peculiar: parece que ten nun lado unha especie de pegada xigante.

A agricultura foi desde sempre a principal riqueza económica de Arucas, destacando hoxe día as amplas veigas de cultivo de plátanos.

O municipio posúe varios parques señoriales como o parque municipal de Arucas(coñecido como Parque Gourie), xunto ao casco histórico, ou o xardín da Marquesa, xardín botánico que data do século XIX.

Nesta cidade elabórase o ron mel, procedente da cana de azucre.

O termo municipal de Arucas comprende outras poboacións, como Bañaderos, La Montañeta, la Fula, Cardones, Trapiche, Visvique, Los Portales, Santidad etc.

PoboaciónEditar

Ano Poboación Densidade
1991 26.974 -
1996 29.179 -
2001 32.466 983,81/km²
2002 32.917 -
2003 33.449 1.013,3/km²
2004 33.701 1.009,31/km²
2005 - -
2006 34.874 1.056,47/km²
2007 35.280 1.068,77/km²
2008 35.542 -

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar