Para a illa uruguaia vexa Illa de Lobos, Uruguai

A Illa de Lobos é un illote do océano Atlántico, ao norte de Fuerteventura. Politicamente pertence ao municipio de La Oliva, na provincia das Palmas, Illas Canarias, España.

Illa de Lobos
Vista de satélite
Situación respecto de Fuerteventura
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaAs Palmas
ArquipélagoCanarias
MarOcéano Atlántico
Coordenadas28°27′N 13°29′O / 28.45, -13.49
Xeografía
XeoloxíaEstratovolcán
Superficie4,58 km²
Punto máis alto127 msnm (La Caldera)
Demografía
PoboaciónDeshabitada desde 1968

Descrición editar

 
Vista da illa
 
Praia da Concha na Illa de Lobos

Trátase dun pequeno illote duns 4,5 km² situado ao nordés de Fuerteventura. O brazo de mar que os separa denomínase El Río, no Estreito da Bocaina, cuxa profundidade non excede dos 10 metros. A illa pode ser vista con claridade desde Corralejo.

O seu nome débese a que no pasado habitaban na illa lobos mariños, tamén coñecidos como focas monxe, agora en perigo de extinción. Os pescadores eliminaron a especie, xa que pensaban que a súa voracidade reducía os recursos mariños da zona. Cada un destes animais necesita entre 30 e 40 kg de peixe ao día. Estanse realizando esforzos de reintrodución dos lobos mariños, a pesar da negativa dos pescadores.

Forma parte do Parque Natural das Dunas de Corralejo e Illa de Lobos. Alberga máis de 130 especies vexetais e varias especies de aves, destacando a gaivota arxéntea e a pardela cincenta. Os fondos mariños son área de reserva submarina e conteñen unha gran riqueza ecolóxica.

A súa máxima altura atópase na Caldera, de 127 m.

Poboación e turismo editar

O illote estivo habitado ata 1968 por un fareiro, Antonio Hernández Páez (Antoñito o Fareiro), e a súa familia. O faro foi restaurado e hoxe en día funciona automaticamente.

Actualmente os visitantes do illote son pescadores, turistas, bañistas e mergulladores. Existe un servizo regular de transporte marítimo que enlaza con Corralejo. Hai un restaurante dirixido polos descendentes de Antoñito, así como unha zona de acampada.

En Lobos naceu a escritora española Josefina Pla.