San Bartolomé, Lanzarote
San Bartolomé é un municipio español pertencente á provincia das Palmas (Canarias). Está situado no centro da illa de Lanzarote. Neste municipio atópase o aeroporto da illa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas ![]() | ||||
Capital | San Bartolomé (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.443 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 240 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | María Dolores Corujo Berriel (2011–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35550 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35018 ![]() | ||||
Sitio web | sanbartolome.es ![]() |
San Bartolomé atópase situado na parte central da illa de Lanzarote, nunha veiga protexida polos Morros e a montaña de Guaticea ao oeste e pola Montaña Mina ao leste. A súa historia, como corroboran certos xacementos arqueolóxicos, remóntase á época prehispánica. A partir do século XV, logo da conquista, empezaron a asentarse colonos no lugar e a finais do século XVIII xa tiña 144 veciños e podía presumir de parroquia e de casas señoriais. A súa localización privilexiada e a súa importancia agrícola fixo que, xa como municipio, seguise desenvolvéndose e crecendo durante os séculos XIX e primeira metade do XX. En tanto que os últimos vinte e cinco anos a nova base económica, en torno ao turismo, reconfigurou o panorama social, cultural e urbano da poboación.
Cidades irmandadas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Bartolomé, Lanzarote |
- Sitio web do concello Arquivado 26 de febreiro de 2023 en Wayback Machine. (en castelán)