Montaña Clara é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, ao norte de Lanzarote, entre La Graciosa e Alegranza. Politicamente pertence ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, Illas Canarias, en España.

Montaña Clara
Vista da illa
Situación respecto de Lanzarote
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaAs Palmas
ArquipélagoChinijo
MarOcéano Atlántico
Coordenadas29°11′N 13°19′O / 29.18, -13.32
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie2,7 km²
Punto máis alto256 msnm (La Mariana)
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Descrición e características editar

 
Vista aérea

Forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes. Do mesmo xeito que o resto das illas Canarias, a súa orixe é volcánica. O seu nome débese aos tons claros que toma o seu cono volcánico, o cal cobre gran superficie da illa.

O illote ten unha extensión de 1,33 km², e a súa maior altitude está rexistrada na Mariana, con 256 msnm. Montaña Clara nunca estivo habitada de forma permanente.

A pesar da súa reducida superficie, trátase dun importante refuxio faunístico. Nela habitan especies como o falcón eleonor, a aguia peixeira, a pardela cincenta, a musaraña canaria ou o paíño calcamar (Pelagodroma marina), cuxa principal colonia de cría nas illas Canarias está neste pequeno illote.

Propiedade editar

A illa é propiedade dos herdeiros de Mariano López Socas, quen comprou a illa en 1957, sendo entón alcalde do concello de Haría, en Lanzarote. En agosto de 2007 púxose no mercado a poxa cun prezo inicial de 9 millóns de euros.[1] Aínda que se intentou chegar a un acordo co Estado para que este asumise a titularidade da illa, as negociacións foron infrutuosas. O 29 de agosto de 2007 fíxose público que o Goberno intentaría expropiar a illa, aínda que se procuraría chegar a un acordo amigable cos actuais propietarios.[2]

Notas editar

  1. "Se vende isla en Lanzarote". La Provincia - Diario de Las Palmas (en castelán). 2007-08-23. Consultado o 2022-04-21. 
  2. O Goberno expropiará a illa posta á venda en Canarias

Véxase tamén editar