Pájara é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Situado en parte do centro da illa de Fuerteventura, abarca tamén todo o sur da illa, que forma a chamada península de Jandía.

Modelo:Xeografía políticaPájara
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°21′N 14°06′O / 28.35, -14.1Coordenadas: 28°21′N 14°06′O / 28.35, -14.1
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor em Wikidata
CapitalPájara Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación21.271 (2023) Editar o valor em Wikidata (55,46 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie383,52 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude196 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataRafael Perdomo Betancor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35628 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE35015 Editar o valor em Wikidata

Sitio webpajara.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

 
Porto da Peña, Ajuí

É o maior municipio de Fuerteventura cunha extensión de 383,52 km². A súa altitude é de 196 metros sobre o nivel do mar, contando cun litoral de 150 quilómetros. O punto máis elevado da illa é o Pico da Zarza (807 m) situado en Jandía. Esta península é unha zona protexida por un Parque natural.

Demografía editar

Os seus núcleos máis importantes son Morro Jable, Costa Calma e Solana Matorral. Morro Jable, de tradición pesqueira, é sede de importantes campionatos internacionais de windsurf. Na localidade de Pájara pódese visitar a igrexa da nosa Señora da Régoa, inicialmente construída en 1687 e posteriormente ampliada.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
1.182 1.267 1.722 2.532 4.427 12.923 20.622

Economía editar

A economía de Pájara está centrada no turismo, ofertando máis de 18.000 prazas hostaleiras e extrahoteleiras. O municipio dispón da maior extensión de praias das Canarias. Destacan as de Sotavento, as de Cofete e Morro Jable.

Espazos naturais protexidos editar

  • Monumento natural Ajuí: alberga sedimentos oceánicos e fósiles de animais mariños xa desaparecidos, de grande interese científico.
  • Parque natural de Jandía: abarca case a totalidade da península do mesmo nome. Contan con abundantes endemismos, especies ameazadas e especies protexidas en flora e fauna.
  • Monumento natural Montaña Cardón: de interese científico pola súa riqueza florística.
  • Parque rural de Betancuria: esténdese polos municipios de Betancuria, Puerto del Rosario, Antigua, Tuineje e Pájara. O seu ecosistema favorece a existencia de aves acuáticas.
  • Paraxe natural Praia do Matorral: con só 115 hectáreas é un sitio de alto interese científico. Zona de recalada de aves mariñas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar