Tuineje
Tuineje é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Fuerteventura. Os principais núcleos de poboación son Gran Tarajal, Tarajalejo, Tesejerague e Tuineje.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas ![]() | ||||
Capital | Tuineje (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.454 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 276 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 205 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Salvador Delgado Guerra (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35629 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35030 ![]() | ||||
Sitio web | tuineje.es ![]() |
Historia
editarFoi dependente do municipio de Betancuria ata finais do século XVIII. Constitúese en municipio en 1872 grazas ás Cortes de Cádiz. En 1740, durante a guerra angloespañola, corsarios ingleses desembarcan na vila para realizar saqueos. Con todo, e a pesar da súa desvantaxe en armamento, os nativos conseguen unha vitoria sobre os invasores. Meses máis tarde vólvense a reproducir os acontecementos con igual resultado. Esta batalla coñécese como Batalla de Tamasite ou de Llano Florido.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.205 | 2.396 | 3.078 | 4.385 | 5.636 | 9.851 | 13.536 |
Economía
editarA economía en Tuineje baséase na agricultura de tomate e forraxe (primeiro produtor insular) e na gandería (carne de cabra e queixos). Cobra tamén un papel relevante o sector turístico. Destacan as praias de Gran Tarajal, Tarajalejo, Giniginámar e Las Playitas.
Edificios de interese
editar- Ermida de San Marcos en Tiscamanita, de finais do século XVII.
- Igrexa de San Miguel Arcanxo, en Tuineje, data do século XVIII.
- Ermida de San José, en Tesejerague, data da primeira metade do século XVIII.
- Forno de cal, en Gran Tarajal, construído en 1953, é o maior de Fuerteventura.
Espazos protexidos
editarEspazos compartidos con outros municipios da illa:
- Paisaxe Protexida do Malpaís Grande: campo de lavas de emisións volcánicas.
- Monumento Natural de Cuchillos de Vigán: reduto de especies ameazadas como o guirre, a aguia pescadora e o falcón de berbería.
- Parque Rural de Betancuria: de grande interese faunístico e refuxio tamén para varias rapaces ameazadas.
- Monumento Natural de Caldera de Gairía: cono volcánico de erupción recente.