Baler
Baler é un municipio da provincia de Aurora, en Filipinas. No ano 2015 tiña 39.562 habitantes repartidos en 13 barangays. Baler é o centro político e comercial de Aurora, e é a cidade natal de Manuel Luis Quezón, o primeiro presidente de Filipinas.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Luzon Central (pt) | ||||
Provincia | Aurora (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 43.785 (2020) (473,1 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 10.197 (2020) | ||||
Lingua usada | Northern Alta (en) lingua tagala Lingua ilocana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 92,55 km² | ||||
Bañado por | Baler Bay (en) | ||||
Altitude | 118 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 19 de agosto de 1609 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3200 | ||||
Prefixo telefónico | 42 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | baler-aurora.gov.ph |
Baler é célebre pola defensa da igrexa feita por un destacamento español durante a guerra hispano-estadounidense de 1898, coñecido como o Sitio de Baler. A resistencia seguiu ata tres meses despois de rematada a guerra. Eses soldados coñecéronse como Os derradeiros de Filipinas nas fontes españolas.
Historia
editarFundación e período español
editarA área onde se atopa Baler foi explorada en 1572 por Juan de Salcedo, o primeiro europeo que visitou a zona no seu periplo explorador da costa oriental de Luzón,[1] o que os españois denominaban «Contra Costa»,[2] ao acharse no extremo oposto a Manila da illa de Luzón. En 1609, misioneiros franciscanos encabezados por frei Blas Palomino cruzaron a Sierra Madre e fundaron o poboado de Baler[3] na costa do Pacífico, as beiras da baía que tomou o nome do poboado, a baía de Baler, e xunto á desembocadura do río San José (hoxe en día Aguang). Aínda que en liña recta non se encontraba a máis de 150 km de Manila, a actual estrada desde a capital, que recorre a Sierra Madre, ten uns 232 km.[4] A dificultade de acceder a Baler por terra orixinaba que as comunicacións coa capital do arquipélago se fixera por mar. En 1753, un tsunami arrasou Baler e tomouse a decisión de reconstruílo media legua cara ao interior,[5] nuns terreos elevados,[6] tamén as beiras do río San José, pero protexidos ao leste polas montañas que formaban o cabo Punta do Encanto, que pechaba a baía de Baler polo sur.
Durante a administración española de Filipinas, a illa de Luzón encontrábase dividida en provincias.[7] Delas íanse desgaxando, cando acadaban un nivel de desenvolvemento suficiente, territorios que se ían catalogando como distritos. En 1818, a área de Baler foi transferida da provincia de Tabayas (coincidente a grandes trazos coa actual provincia de Quezón) á provincia de Nueva Écija.[1] En 1856, os territorios de Nueva Écija situados entre a Sierra Madre e o océano Pacífico foron desgaxados para constituír o distrito de El Príncipe. As principais localidades deste novo distrito eran Baler, a capital («cabeceira» na terminoloxía da época, ao tratarse dun establecemento de baixo rango, do novo distrito), Casigurán (ambas na costa, situada esta última a uns 16 km de Baler) e San José de Casignán (actual María Aurora, no interior, a 15 km de Baler).[4] Relixiosos franciscanos se encargaban da atención relixiosa da localidade desde a súa fundación (salvo un período de corenta e cinco anos, entre 1658 e 1703, en que foron substituídos por agostiños recoletos).[1]
Á fronte do distrito encontrábase un comandante político-militar con residencia en Baler, posto desempeñado por un capitán do Exército, o cal, en virtude do seu cargo, era tamén delegado de Facenda para a recadación de impostos, subdelegado de Mariña, xuíz de primeira instancia e administrador da oficina de correos.[8] En 1897 o pobo compoñíase dunha igrexa coa residencia do párroco contigua (habitualmente denominado «convento» na Filipinas española), a casa do comandante e barracones para a tropa, ademais das vivendas dos habitantes do poboado. A guarnición permanente consistía nun destacamento da Garda Civil cun cabo, «europeo», e cinco números filipinos.[9] Habitaban a poboación unhas 1700 persoas.[10]
A igrexa de Baler
editar- Véxase tamén: Sitio de Baler.
A igrexa, o edificio máis sólido do poboado, foi construída despois da refundación de Baler en 1735, co obxectivo de que resistise os fenómenos meteorolóxicos extremos (tifóns, inundacións, tsunamis) que caracterizan a área. Os muros, de metro e medio de espesor, consistían nunha amálgama de pedras, cal e arena.[11] Ademais da súa solidez, a igrexa era un edificio simbolicamente da maior importancia, posto que ademais das cerimonias relixiosas, era a sede do párroco, depositario de inmensos poderes non só espirituais, senón tamén temporais. Tiña unha forma aproximadamente rectangular, de 30 metros de lonxitude e 10 de anchura, con orientación sur-norte. Tiña seis ventás, dous delas na fachada principal, que daba ao sur.[12] A torre do campanario era de madeira e o teito, a dúas augas, de cinc. Contigua á igrexa, á esquerda da entrada principal, encontrábase o convento, de dez metros de lonxitude e tres de anchura. A súa esquerda, un curral duns cinco por cinco metros. Tamén no lado esquerdo (oeste) da igrexa, estaba a sancristía. Sancristía e convento estaban comunicados mediante un pequeno patio.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Discover Aurora. "History (of Baler)" (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2011.
- ↑ Quezon Province. "History of Quezon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2011.
- ↑ "History of Baler". National Historical Commission of the Philippines (en inglés). 2012-09-06. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 (Ortiz Armengol 1990, pp. 93)
- ↑ Ortiz Armengol 1990, pp. 96.
- ↑ (Selaznog 2005)
- ↑ Ortiz Armengol 1990, pp. 92-93.
- ↑ (Ortiz Armengol 1990, pp. 95)
- ↑ Ortiz Armengol 1990, pp. 106.
- ↑ 1688 habitantes según (Leguineche 1998, pp. 258)
- ↑ (Ortiz Armengol 1990, pp. 97)
- ↑ Leguineche 1998, pp. 262.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baler |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web Arquivado 31 de maio de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)