Windsurf
O windsurf[1] é unha modalidade do deporte da vela que consiste en desprazarse na auga sobre unha táboa similar a unha de surf, provista dunha vela.
Características
editarA diferenza dun veleiro, a vela ou aparello dunha táboa de windsurf é articulado permitindo a súa rotación libre ao redor dun só punto de unión coa táboa: o pé de mastro. Iso permite manipular o aparello libremente en función da dirección do vento e da posición da táboa con respecto a este último. O aparello é manipulado polo windsurfista mediante a botavara ou como se coñece en inglés boom ou wishbone. O seu principal precursor foi Robin Nasich, que impulsou a práctica deste deporte durante os anos 70.
Mentres que no surf o elemento máis importante son as ondas, no windsurf o vento xoga así mesmo un papel de vital importancia.
Este deporte presenta un gran número de variantes tales como piruetas, saltos ou velocidades. A grande aceptación e o elevado número de seguidores propiciou a creación de campionatos e probas en todo tipo de países.
En España comeza a practicarse a principios dos anos 80.
Material
editarPara practicar este deporte necesítase:
É moi importante o bo estado físico para realizar este deporte, así como coñecementos técnicos e meteorolóxicos. Convén recibir algún curso antes de realizar as primeiras incursións.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de windsurf en Galicia.
-
Windsurf na Ría de Arousa.
-
Equipamento, Bamio, Vilagarcía de Arousa.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para windsurf.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Windsurf |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |