Bamio, Vilagarcía de Arousa

parroquia civil do concello de Vilagarcía de Arousa

San Xens de Bamio é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa na comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 269 habitantes (671 mulleres e 598 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós anos 2010, cando tiña 1 375 habitantes, e 2005, cando eran 1 423.

Bamio
Igrexa de San Xens de Bamio.
ConcelloVilagarcía de Arousa[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°37′59″N 8°45′38″O / 42.63305556, -8.76055556
Área6,8 km²
Poboación1.269 hab. (2016)
Densidade186,62 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar
 
Pedra dos Ballotes

Nesta parroquia atópase a Pedra dos Ballotes. Trátase dun conxunto petroglífico con figuras esquemáticas de cervos de gran tamaño.

Asociacionismo

editar

Bamio conta coa asociación cultural Mar de Arousa que ten banda de gaitas e grupo de baile.

editar
  • Os mozos de Bamio/ prendelos, prendelos;/ van polos camiños,/ parecen carneiros.
  • Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Bamio

editar
Lugares da parroquia de Bamio no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

A Amproa | O Campanario | O Casal | A Casusa | A Cruciña | A Dona | A Granxa | O Nogueirido | O Outeiro | A Parada do Rei | O Pedroso | O Salgueiral | San Xoán | O Sordido | Vilar

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Outros artigos

editar