Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa
parroquia civil do concello de Vilagarcía de Arousa
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Martiño.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sobrán.
San Martiño de Fóra de Sobrán é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 830 habitantes (957 mulleres e 873 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 973 veciños, e 2005, cando eran 1 957.
San Martiño de Fóra de Sobrán | |
---|---|
Igrexa de San Martiño. | |
Concello | Vilagarcía de Arousa[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°35′08″N 8°47′13″O / 42.5855, -8.78708333 |
Poboación | 1.830 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lugares e parroquias
editarLugares de San Martiño de Fóra de Sobrán
editarLugares da parroquia de Sobrán (San Martiño de Fóra) no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) | |
---|---|
Aralde | Canto | Combe | Eiviño | Faxilde | Galáns | A Lagoa | Maceiras | Pedramogueira | O Piñeiro | Praga | Renza | Roilois | A Santa Mariña | Santo Antonio e Combe | Vilaxoán |
Existen algunhas diferenzas entre os lugares que recolle o Nomenclátor de Galicia e os que recolle o IGE[2] das que convén deixar constancia:
- O Nomenclátor separa os lugares de Roilois e da Santa Mariña, que o IGE considera unificados.
- O IGE recolle o lugar de Rial, con 149 habitantes en 2016, que o Nomenclátor non cita.
- O Nomenclátor inclúe nesta parroquia o lugar de Vilaxoán (e tamén o fai na parroquia de San Martiño de Sobrán), pero o IGE só o cita nesta segunda parroquia.
- O Nomenclátor recolle, como dúas entidades diferentes, o lugar de Santo Antonio e Combe, e mais o lugar de Combe, pero o IGE non cita este segundo.