Abrir o menú principal

La Graciosa é unha illa[1] pertencente ó arquipélago Chinijo, nas Canarias (España), xunto cos illotes de Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Alegranza. Está ao noroeste de Lanzarote, illa da que depende administrativamente e da que a separa un brazo de mar coñecido como El Río. Tamén está relativamente próxima á costa continental africana.

La Graciosa
LaGraciosa from MiradorDelRio.jpg
A illa desde o Miradoiro do Río
Chinijo Graciosa.png
Situación respecto de Lanzarote
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaAs Palmas
ArquipélagoChinijo
MarOcéano Atlántico
Coordenadas29°09′N 13°18′O / 29.15, -13.30
Xeografía
XeoloxíaEstratovolcán
Superficie29,05 km²
Punto máis alto266 msnm
Demografía
CapitalCaleta de Sebo
Poboación660 hab. (INE 2010)
Densidade22,17 hab./km² hab./km²
XentilicioGraciosero/a

Historia e característicasEditar

Foi conquistada en 1402 polo explorador normando Jean de Béthencourt, baixo o vasallaxe de Henrique III de Castela. La Graciosa posúe uns 29 km² e no seu litoral se achan os dous únicos pobos da illa: Caleta de Sebo, núcleo de poboación orixinario e capital insular, e Casas de Pedro Barba, unha pequena urbanización turística. A súa poboación actual é de 660 habitantes. A economía da illa está baseada na pesca e o turismo. Numerosos viaxeiros visítana durante todo o ano.

La Graciosa é accesible unicamente desde o mar, aínda que tamén posúe un heliporto situado moi preto de Caleta de Sebo.

A illa posúe un concelleiro no concello lanzaroteño de Teguise, ao que pertence.

Puntos xeográficosEditar

DemografíaEditar

Variación demográfica de La Graciosa (INE)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
626 615 626 621 630 637 658 640 648

FestasEditar

No referente aos festexos populares que se celebran na illa destaca a Festa da Virxe do Carme tamén chamada Virxe do Mar, patroa de La Graciosa. A festa celébrase na Igrexa da nosa Señora do Carme que é igrexa parroquial de Caleta de Sebo, a capital da illa. Nesta festa destaca a embarcación da Virxe que se celebra ao redor do 16 de xullo.

PanoramaEditar

 

Vista de La Graciosa con Caleta de Sebo en primeiro termo. Ao fondo Montaña Clara e Alegranza.


NotasEditar

  1. La Graciosa é denominada en numerosas ocasións "illote", aínda que segundo a Real Academia Galega un illote é unha illa pequena ou despoboada.

Véxase taménEditar