Río Alberche
O Alberche é un dos importantes afluentes da beira dereita do río Texo, ao cal tributa as súas augas logo dun percorrido de 177 km e de atravesar as comunidades autónomas españolas de Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.
Río Alberche | |
---|---|
O Alberche ao paso polo concello de Aldea del Fresno | |
País | España |
Nacemento | Frades de la Sierra (Salamanca) |
Lonxitude | 209 km |
Conca | 4.405 km² |
Desembocadura | Río Texo |
Afluente do Texo (Nº 3, O Alberche) | |
Curso
editarO río Alberche nace na paraxe denominada Fuente Alberche, sita na lomba de Cuarenta Pinos, a 1.800 m.s.n.m., na provincia de Ávila. No seu curso alto, no que circula moi encaixado, acaba por tomar unha dirección oeste-leste para dirixirse cara a provincia de Madrid, atravesando unha fractura da serra de Gredos, entrando polo concello de San Martín de Valdeiglesias, no sueste da provincia.
No curso medio, no municipio de Aldea del Fresno, recibe o río Perales, e efectúa un grande meandro, que o vira en sentido suroeste. Isto débese ao efecto de captura, pois orixinariamente o Alberche era un tributario do río Guadarrama. A confluencia do Perales e o Alberche forma un extenso areal, coñecido popularmente como a "Praia de Madrid". O río abandona a provincia madrileña polo concello de Villa del Prado.
Pasa logo a fluír pola provincia de Toledo, para finalmente desembocar na beira dereita do Texo, uns 5 km antes da cidade Talavera de la Reina, na paraxe denominada El Cristo.
Afluentes e conca
editarSon, en xeral de percorrido curto. Destacamos:
A conca do Alberche ocupa cerca de 4.108 km²; o seu caudal medio é de 14, 7 m³/s.
Explotación
editarConstruíronse no río varios encoros. No seu curso alto, na provincia de Ávila están os encoros de El Burguillo e Charco del Cura. No tramo medio, xa en Madrid, os de San Juan; Picadas, do que parte a canle do transvasamento Picadas-La Sagra, que serve esa comarca toledana; e xa na provincia de Toledo o encoro de Cazalegas.
No seu tributario, o río Cofio, está localizada a presa de Robledo de Chavela, que abastece de auga a esa localidade, cunha capacidade de 0,2 hm3.
Protección ambiental
editarA garganta de Iruela no curso alto do Alberche está declarada ZEPA.
Localidades que atravesa
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Alberche |