Río Lozoya
Coordenadas: 40°52′25″N 3°27′18″O / 40.87361, -3.45500
O Lozoya é un río da península Ibérica que atravesa transversalmente o norte da Comunidade de Madrid, e desemboca no río Jarama na provincia de Guadalaxara (Castela-A Mancha).
Río Lozoya | |
---|---|
![]() O río Lozoya ao seu paso por Buitrago del Lozoya | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | Madrid Castela-A Mancha |
Nacemento | Macizo de Peñalara (Rascafría, Madrid) |
Altitude | 2 020 m |
Lonxitude | 91 km |
Conca | 1 265 km² |
Caudal medio | 9,94 m³/s |
Desembocadura | Río Jarama (Uceda, Guadalajara) |
Altitude desembocadura | 698 m |
Este curso de auga ten a súa fonte no Parque Natural de Peñalara, na vertente madrileña da serra de Guadarrama, e é o principal abastecedor de auga potábel da Comunidade de Madrid. A súa auga está considerada como unha das de maior calidade para o consumo humano de España.[1]
Ao longo do seu curso de 91 km é embalsado até en cinco ocasións. Seu principal encoro, o de El Atazar, é tamén o de maior capacidade de almacenamento de auga da rexión.
A súa conca coincide coa comarca da Serra Norte de Madrid, e ten unha superficie de 1 265 km². Seu curso forma o val do Lozoya, onde se encontra o municipio de Lozoya, do que o río toma seu nome.
NotasEditar
- ↑ "Calidad del agua en la Comunidad de Madrid". El Mundo. 13 de agosto de 1996.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Lozoya |