Lozoya, Madrid
concello da Comunidade de Madrid
Coordenadas: 40°57′21″N 3°47′48″O / 40.95583, -3.79667
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lozoya.
Lozoya, ou Lozoya del Valle, é unha pequena vila e municipio da Comunidade de Madrid, situada no alto Val do Lozoya, no Parque Nacional da Serra de Guadarrama.

A localidade de Lozoya vista desde o encoro de La Pinilla, no río Lozoya
A 85 km da cidade de Madrid, o termo municipal está atravesado polo río Lozoya.
XeografíaEditar
Situado a unha altitude media de 1 116 msnm, o municipio abarca unha superficie de 57,94 km².
Segundo o censo de 2020 a vila tiña unha poboación de 580 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 9,65 hab./km².
EconomíaEditar
A economía de Lozoya del Valle baséase na gandaría e, sobre todo, no turismo rural, xa que é unha poboación que destaca pola calidade da súa gastronomía e a beleza das súas paisaxes.
GaleríaEditar
NotasEditar
- ↑ Lozoya Arquivado 17 de decembro de 2021 en Wayback Machine. Instituto Nacional de Estadística.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lozoya, Madrid |