Navalcarnero é un concello situado ao suroeste da provincia de Madrid, en España.

Situación do concello dentro da comunidade de Madrid

Xeografía editar

Situado a 670 metros sobre o nivel do mar, o concello de Navalcarnero atópase a tan só 31 km da capital do país, Madrid. Esténdese por unha superficie de 100.2 km cadrados. No ano 2009 tiña unha poboación de feito de 21.584 habitantes, deles 10.832 eran homes e 10.752 eran féminas. Mentres que o núcleo principal do concello tiña unha poboación, no mesmo ano, de 21.004 habitantes.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.