Río Guadarrama
O río Guadarrama é un afluente do Texo que nace na Comunidade de Madrid (España), á que atravesa nos seus cursos alto e medio. Entra no seu curso baixo na provincia de Toledo, onde desemboca despois de percorrer 131,8 km. Ten a súa orixe no val da Fuenfría, a uns 1900 m de altitude, dentro do termo municipal de Cercedilla (Madrid), na ladeira sur da serra de Guadarrama (sistema Central). Percorre ambas as provincias nun trazado moi axustado á vertical norte-sur.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 1.700 m | ||||
División administrativa | Comunidade de Madrid, España e provincia de Toledo, España | ||||
Localización | Siete Picos | ||||
Final | |||||
Altitude final | 432 m | ||||
Localización | Río Texo | ||||
| |||||
Afluentes | Aulencia (pt) , Arroyo de la Vega (en) , Arroyo de Renales (en) , Arroyo de Rielves (en) , Arroyo de los Combos y de la Reguera (en) , Arroyo del Soto (en) , Arroyo de los Palacios (en) , El Soto (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Texo | ||||
Características | |||||
Dimensións | 132 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.708 km² | ||||
O seu curso medio atópase protexido dentro do Parque Rexional do Curso Medio do río Guadarrama e a súa contorna, un dos tres parques rexionais da Comunidade de Madrid. A superficie da súa conca é de 1708 km² e nela atópase o Aulencia, que discorre integramente pola Comunidade de Madrid. Este é o seu principal afluente e fornece de augas ao encoro de Valmayor, o segundo de maior capacidade da rexión madrileña. Os restantes afluentes son arroios e regatos de curto percorrido.