Guadarrama
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guadarrama (homónimos).
Coordenadas: 40°40′22″N 04°05′20″O / 40.67278, -4.08889
Guadarrama é un concello español do noroeste da Comunidade de Madrid. Tiña en 2015 unha poboación de 15.538 habitantes.

Foi fundado polos árabes, que chamaron Uad-er-ramel ao río que dá nome á vila e á serra onde se atopa. Guadarrama obtivo o título de vila o 22 de novembro de 1504 por parte de Fernando V de Castela.