Rascafría
Coordenadas: 40°54′17″N 3°52′46″O / 40.90472, -3.87944
Rascafría é unha vila e municipio de España no noroeste da Comunidade de Madrid.
A localidade conserva unha arquitectura popular propia da serra de Guadarrama e, dentro do seu termo municipal, están o Parque Natural de Peñalara e o arboreto Giner de los Ríos.
Entre os seus monumentos destaca o Mosteiro de El Paular.
XeografíaEditar
Situado no val do río Lozoya, a unha altitude media de 1 163 msnm (mínima, 1 125; máxima, 2 429), o municipio ocupa unha superficie de 150,27 km².
Segundo o censo de 2020, contaba cunha poboación de 1 725 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 11,13 hab./km².
DemografíaEditar
Gráfica de evolución demográfica de Rascafría entre 1842 e 2011 |
![]() |
Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.[2] |
GaleríaEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rascafría |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rascafría |