Parla
Parla é un concello español da Comunidade de Madrid. Ten unha poboación de 124.208 habitantes (INE 2012) e dista 20 km da capital, Madrid. A extensión de Parla, na actualidade, é duns 24,43 km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 134.833 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24,43 km² ![]() | ||||
Altitude | 648,5 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Ramón Jurado Rodríguez (2019–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28980–28984 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28106 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ayuntamientoparla.es ![]() | ||||
![]() |
O termo municipal de Parla limita ao norte co municipio de Fuenlabrada, ao sur cos municipios de Torrejón de Velasco e de Torrejón de la Calzada, ao leste co municipio de Pinto e ao oeste cos municipios de Griñón e de Humanes de Madrid.
O municipio atópase a unha altitude media de 648,5 metros sobre o nivel do mar.
A principios do século XX, Parla tiña unha poboación de 1.237 habitantes. Esta poboación creceu ao longo do século XX ata os máis de 110.000 habitantes que tiña en 2007.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parla |
Ligazóns externas
editar- Instituto de Estadística de la Comunidad de Madrid > Ficha municipal Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine.