Funchal[1][2][3][4] é a capital de Madeira, unha das rexións autónomas da república de Portugal. Ademais da capitalidade, a cidade é o centro urbano máis grande da illa. En 2011 tiña 112 015 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaFunchal, Madeira
Funchal (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 32°39′N 16°55′O / 32.65, -16.92Coordenadas: 32°39′N 16°55′O / 32.65, -16.92
EstadoPortugal
Rexión AutónomaRexión Autónoma da Madeira Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación105.795 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.389,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie76,16 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1451 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal9000-xxx → 9060-xxx Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico291 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-funchal.pt… Editar o valor em Wikidata

Fundada por João Gonçalves Zarco no ano 1421, adquiriu o estatuto de cidade no ano 1508 de mans do rei Manuel I. Á cidade de Funchal, e como parte do municipio, únenselle as Illas Salvaxes e as Illas Desertas, dúas reservas naturais situadas a 160 quilómetros (ambas despoboadas).

Parroquias editar

Funchal está dividida en dez parroquias:

Un volcán do planeta Marte recibe o nome da cidade.

Toponimia editar

Funchal, a que o capitam deo este nome, por se fundar em hum valle fermoso de singular arvoredo, cheyo de funcho até o mar. (En grafía orixinal). Gaspar Frutuoso en Saudades da Terra, (1586).

Segundo os antigos cronistas, a designación de "Funchal" débese aos primeiros poboadores que, ao desembarcar neste lugar, atoparon unha grande abundancia de "funcho" (fiúncho), unha herba brava con cheiro adozado que abundantemente vexetaba no val, na área do primitivo burgo.

Historia editar

O poboamento iniciouse en 1424, cando a illa de Madeira foi dividida en dúas capitanías. A capitanía de Funchal foi asignada a João Gonçalves Zarco que aquí se fixou cos seus familiares. Debido á súa posición xeográfica, á existencia dun bo porto marítimo e á produtividade dos seus solos, constituíuse cedo nun importante núcleo de desenvolvemento da illa.

A poboación recibiu o primeiro foro entre 1452 e 1454, sendo elevada a vila e a sede de concello. Pouco despois, en 1508 foi elevada a cidade.

No século XVI, Funchal converteuse nun importante porto no percorrido entre as colonias dos países europeos, transformándose rapidamente nunha cidade próspera. Igualmente, converteuse no peirao dende o que se embarcaba toda a produción de azucre e viño da illa.

Entre os acontecementos que marcaron o concello pódense mencionar o ataque de corsarios franceses en 1566, ao mando de Bertrand de Montluc, xentil-home da corte de Carlos IX de Francia e fillo segundo do mariscal Blaise de Montluc. Saqueou Porto Santo, noticia que logo pasou a Madeira, levando ás vilas de Machico e de Santa Cruz a se armaren para a eventualidade. En Funchal, por determinación do entón gobernador, Francisco Gonçalves da Câmara, non se fixo tentativa ningunha que fose considerada como hostil. A cidade sufriu entón un violento saqueo de quince días, do que case nada escapou.

Despois dese episodio, no ano seguinte era enviado para Funchal o arquitecto militar Mateus Fernandes (III), téndose procedido a partir de entón a unha profunda modificación do sistema defensivo da cidade.

No século século XVII ten lugar a instalación de comerciantes vinícolas británicos que modificaron os modos de vida, a morfoloxía arquitectónica e o desenvolvemento económico da cidade. Algunhas personalidades destacadas que pasaron por Funchal foron: Sabela de Wittelsbach, emperatriz de Austria e raíña de Hungría, máis coñecida como Sissi, a emperatriz de Austria (1837 - 1898) que procurou esta cidade por motivos de lecer e de saúde; Carlos I, emperador de Austria e rei de Hungría; o mariscal polaco Józef Piłsudski para recuperar a súa saúde; Winston Churchill que pasou por Funchal de vacacións, onde pintou algúns cadros; e Fulgencio Batista que fixo unha escala en Funchal para o seu exilio en España.

Por causa da súa posición estratéxica, o porto e a cidade de Funchal foron atacados durante a primeira guerra mundial na Batalla de Funchal.

Economía editar

Nesta cidade predomina o sector terciario, moi ligado ao turismo, nas áreas de comercio, restauración e servizos de hostalería, seguido polo sector secundario, coas industrias de construción, lácteos, floricultura e artesanía.

Na agricultura predomina o cultivo das viñas seguido das bananeiras e finalmente das flores ornamentais e froitos subtropicais. A gandería ten pouca importancia, concentrándose sobre todo no coidado de aves, coellos e ovinos.

O porto de Funchal é un centro turístico e de importancia relevante para os cruceiros europeos que fan escala para Marrocos, as illas Canarias, o Caribe e o Brasil, sendo o primeiro punto de parada na viaxe inaugural do Queen Mary 2, o maior buque de cruceiro do mundo.

Cidades irmás editar

Están irmandadas con Funchal:

Lugares de interese editar

  • Mercado dos Lavradores
  • Catedral
  • Xardín Botánico de Madeira
  • Bodegas de Funchal
  • Xardín Municipal de San Francisco
  • Convento de Santa Clara
  • Museo de Arte Sacra
  • Praza do concello

Notas editar

  1. "Funchal". Diccionario enciclopédico galego universal 29. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 72. ISBN 84-7680-429-6. Capital da rexión autónoma da Madeira, arquipélago da Madeira, Portugal... 
  2. "Funchal". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 950. ISBN 978-84-8288-942-9. C. e porto de Portugal, ap. das illas Madeira... 
  3. "Funchal". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 323. ISBN 84-7680-288-9. Capital da rexión autónoma da Madeira, arquipélago da Madeira, Portugal... 
  4. Santa María, I. e Massó, N. (2009). "Funchal". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 150 A1. ISBN 978-84-8289-328-0. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fructuoso, Gaspar. Saudades da Terra (6 vols.). Ponta Delgada (Açores): Instituto Cultural de Ponta Delgada, 2005. 124 p. ISBN 972-9216-70-3

Ligazóns externas editar