Isabel de Wittelsbach

(Redirixido desde "Sabela de Wittelsbach")

Elisabetta Amalia Eugenia von Wittelsbach ou Sabela de Wittelsbach, máis coñecida polo diminutivo Sissi, nada en Múnic o 24 de decembro de 1837 e finada en Xenebra o 10 de setembro de 1898, foi emperatriz de Austria entre 1854 e 1898 e raíña de Hungría entre os anos 1867 e 1898.

Isabel de Wittelsbach
Erzsébet királyné by Székely Bertalan.jpg
Nome completoElisabeth Amalie Eugeniein Bayern
AlcumeSissi e Sisi
Nacemento24 de decembro de 1837
 Herzog-Max-Palais
Falecemento10 de setembro de 1898
 Xenebra
Causastabbing
SoterradaCripta Imperial de Viena
NacionalidadeImperio austríaco, Imperio Austrohúngaro e Reino de Baviera
RelixiónIgrexa católica e catolicismo
PaiMaximiliano, duque da Baviera
NaiLuísa Guilhermina da Baviera
CónxuxeArquiduque Francisco Xosé
FillosSofia Frederica da Áustria, Gisela da Áustria, Rodolfo de Habsburgo e Maria Valéria da Áustria
IrmánsMaria Sofia da Baviera, Matilde Ludovica em Baviera, Sofia Carlota da Baviera, Duke Ludwig Wilhelm in Bavaria, Carlos Teodoro, duque da Baviera, Maximiliano Emanuel da Baviera e Helena Carolina da Baviera
PremiosRosa de Ouro e Ordem das Damas Nobres de Espanha
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu pai, o duque Maximiliano Xosé pertenceu a unha dinastía da rama secundaria dos duques de Baviera e a súa nai, Ludovica, era filla do rei Maximiliano I de Bavaria.

Con 16 anos, o 4 de abril de 1854, casou co Emperador de Austria, Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena. Polo seu matrimonio converteuse en Emperatriz de Austria e desde 1867 en Raíña de Hungría.

Dotada de gran beleza, caracterizouse por ser unha persoa rebelde, culta e avanzada para a súa época: fumaba, falaba varios idiomas, practicaba a equitación, escribía poesía, coidaba a súa figura, gustáballe viaxar e detestaba o protocolo da corte imperial de Viena, da que permaneceu afastada, debido en parte aos continuos enfrontamentos coa súa sogra, a arquiduquesa Sofía, e máis tarde pola morte da súa primoxénita Sofía e o suicidio do príncipe herdeiro, Rodolfo.

Ao ser coroada raíña de Hungría, o 8 de xuño de 1867 en Cfen, recibiu como obsequio o palacio Gödölö. Isto, xunto coas súas continuas viaxes a Hungría acrecentou o rumor dunha relación sentimental co Conde Gyula Andrássy. Entre os seus destinos no estranxeiro cabe destacar Bavaria, Grecia e Irlanda. Tamén visitou cidades españolas como Palma, Alacant e Elx, onde bautizou a palmeira de sete brazos. Estivo tamén en Madeira recuperándose dunha tuberculose bastante grave.

Morreu o 10 de setembro de 1898 en Xenebra, asasinada polo anarquista italiano Luigi Lucheni, á idade de 61 anos.

FillosEditar