João Gonçalves Zarco

João Gonçalves Zarco, nado en Tomar ou Leça da Palmeira en 1394 e finado en Funchal o 21 de novembro de 1471[1], foi un navegante, explorador e fidalgo portugués da Casa de Henrique, duque de Viseu.

João Gonçalves Zarco
João Gonçalves Zarco.JPG
Nacemento1390
 Reino de Portugal
Falecemento1471
 Funchal
NacionalidadePortugal
Ocupaciónexplorador
ASS João Gonçalves Zargo.png
editar datos en Wikidata ]
Monumento e estatua de João Gonçalves Zarco no centro de Funchal.

TraxectoriaEditar

Comandante de carabelas, descubriu a illa de Porto Santo en 1418 xunto con Tristão Vaz Teixeira e despois a illa de Madeira con Bartolomeu Perestrelo en 1419. Foi o primeiro Capitán Donatário de Funchal ata a súa morte. En 1437 participa na tentativa fallada de conquistar Tánxer, onde foi armado cabaleiro. A 4 de xullo de 1460, por concesión de Afonso V, Zarco pasou a ostentar o apelido Cámara, derivado de Câmara de Lobos, designación atribuída polo navegador a un lugar da Illa de Madeira onde descubriu gran cantidade destes animais.

NotasEditar

  1. Tombo 1º do registo geral da Câmara Municipal do Funchal