Tomar
Coordenadas: 39°36′N 8°25′O / 39.600, -8.417
Tomar (en portugués arcaico Thomar), é unha cidade portuguesa con máis de 40.000 habitantes, pertencente ao Distrito de Santarém, rexión Centro e subrexión do Medio Texo. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatejo, hoxe porén sen significado político-administrativo.
Tomar | |||
---|---|---|---|
Vista da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Rexión Centro | ||
Subrexión | Médio Tejo | ||
Distrito | Santarém | ||
Xeografía | |||
Superficie | 351,20 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 40 677 hab. (2011) | ||
Densidade | 120 hab/km² | ||
Xentilicio | Nabantino, Tomarense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 2300-000 | ||
Alcalde | Anabela Freitas (PS) | ||
www.cm-tomar.pt |
O concello está limitado ao norte polo concello de Ferreira do Zêzere, ao leste por Abrantes, ao sur por Vila Nova da Barquinha, ao oeste por Torres Novas e a noroeste por Ourém.
XeografíaEditar
A cidade está atravesada polo río Nabão, que é afluente do río Zêzere. Sitúase na talvez rexión máis fértil de Portugal e unha das máis férteis da Península Ibérica, a lezíria (mesopotamia) ribatexana.
Freguesías do concelloEditar
As freguesías de Tomar son as seguintes:
- Além da Ribeira
- Alviobeira
- Asseiceira
- Beselga
- Carregueiros
- Casais
- Junceira
- Madalena
- Olalhas
- Paialvo
- Pedreira
- Sabacheira
- Santa Maria dos Olivais (Tomar)
- São João Baptista (Tomar)
- São Pedro de Tomar (Tomar) (antes S. Pedro da Beberriqueira)
- Serra
EconomíaEditar
O turismo é hoxe unha actividade de primeira importancia, xa que o Convento de Cristo, principal monumento da cidade foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1983. É centro industrial, con fábricas de papel, derivados da madeira e outras; e comercial. A terra é fértil e produce froitas, aceite e viño
Patrimonio de interese culturalEditar
- Castelo e Convento da Orde de Cristo: magnífico conxunto dos séculos XII a XVI. É o principal monumento da cidade e un dos máis importantes de Portugal. Declarado pola Unesco Patrimonio Mundial
- Igrexa de Santa Maria do Olival: este templo gótico (século XIII) foi necrópole dos Cabaleiros Templarios.
- Sinagoga de Tomar: Tomar posúe a sinagoga medieval mellor conservada de Portugal. Foi edificada a mediados do século XV e goza dun interesante interior con bóvedas góticas e interesantes capiteis clasicistas. É de salientar o sorprendente sistema acústico con ánforas invertidas incrustadas nas esquinas. Desde 1939 acolle o pequeno Museo Xudeu Abraão Zacuto, con pezas relativas á historia xudía en Portugal.
- Igrexa de San Xoán Bautista (São João Baptista): a igrexa máis importante de Tomar érguese na praza principal da cidade, fronte ó Pazo Municipal (século XVII). A igrexa foi erguida entre os séculos XV e XVI, e mostra moi interesantes detalles artísticos, como o portal gótico flamíxero; a torre manuelina con sino do XVI, os capiteis historiados, e varios paneis pintados, en 1530, por un dos pintores portugueses renacentistas de maior calidade, Gregorio Lopes.
- Capela de Nosa Señora da Concepción (Nossa Senhora da Conceição): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por João de Castilho e rematada por Diogo de Torralva. Foi dedicada como capela funeraria do rei Xoán III.
- Igrexa e Convento de Santa Iria: localizable preto do río Nabão, este conxunto do século XVI mostra unha fermosa portada e un altar renacentistas, así como detalles de estilo manuelino.
A parte antiga da cidade está organizada consonte un plano en dameiro, o que constitúe unha raraeza medieval (mais débese ter en conta que trazas semellantes se utilizaran pola mesma época no hispano reino de Valencia). O casco posúe interesantes casas con atractivas fachadas renacentistas, barrocas e románticas. O parque sito cerca da ponte sobre o río Nabão, ofrece pintorescas vistas da cidade e arredores.
Galería de imaxesEditar
Fiestra manuelina no Castelo.
Escaleira en espiral en sentido contrario ás agullas do reloxo, situada no Convento da Orde de Cristo.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomar |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en portugués)