Castelo de Tomar
castelo templario na cidade de Tomar, Portugal
O Castelo de Tomar é un castelo templario que se atopa na cidade de Tomar, na beira dereita do río Nabão, freguesía de São João Baptista, Distrito de Santarém, Portugal.
Castelo de Tomar | |
---|---|
![]() Vista das murallas | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 39°36′15″N 8°25′22″O / 39.60417, -8.42278 |
Tipo | Cultural |
Criterios | (i, iv) |
Inscrición | 1983 (sesión VII) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 265 |
O castelo formaba parte durante a Reconquista da chamada Liña do Teixo, xunto con outros castelos da rexión, todos da mesma época e estilo: Almourol, Idanha, Monsanto, Pombal e Zêzere. Contén no seu interior o Convento de Cristo, ó cal servía de protección.
Está clasificado como Monumento Nacional dende o 23 de xuño de 1918 e, xunto co Convento de Cristo, Patrimonio da Humanidade pola Unesco dende o 30 de xuño de 1983.[1]
Notas Editar
- ↑ "Convent of Christ in Tomar" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Tomar |
Bibliografía Editar
- Ealo de Sá, Mª. Col. Alberto Luna,El arquitecto Juan de Castillo. El constructor del mundo, Etnocantabria, 2009, ISBN 97-8846-134-9357.