Ribatexo

(Redirección desde «Ribatejo»)

O Ribatexo[1] (Ribatejo en portugués, tamén coñecido informalmente como Borda d'Água) é unha antiga provincia (ou rexión natural) de Portugal, formalmente instituída pola reforma administrativa de 1936. Ao contrario doutras provincias que foron restauradas en 1936, o Ribatexo foi unha provincia creada totalmente de novo, dado que o seu territorio pertencía tradicionalmente á antiga provincia da Estremadura.

Modelo:Xeografía políticaRibatexo

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°14′21″N 8°41′13″O / 39.23922977, -8.68699397
CapitalSantarém Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Abrantes
Alcanena (pt) Traducir
Almeirim Editar o valor en Wikidata../... 21+
Poboación
Poboación559.048 (2011) Editar o valor en Wikidata (86,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie6.466,56 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

As provincias de 1936 practicamente nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Facía fronteira ao noroeste coa Beira Litoral, ao oeste e ao sur coa Estremadura, ao sueste co Alto Alentexo e ao norte e nordeste coa Beira Baixa.

Cando foi creada estaba constituída por 21 concellos, integrando case a totalidade do distrito de Santarém e tamén dous concellos do distrito de Lisboa e un do distrito de Portalegre. Tiña a súa sede na cidade de Santarém.

A provincia pasou posteriormente a contar con 22 municipios, posto que se creou, na área do distrito de Santarém, o concello do Entroncamento (1945, por división do de Vila Nova da Barquinha).

O seu antigo territorio actualmente está repartido nas rexións do Alentexo, Centro e de Lisboa, sendo até 2002 o núcleo central da rexión de Lisboa e Val do Texo. En termos de subrexións, está repartida pola Grande Lisboa (concello de Vila Franca de Xira), Alto Alentexo (concello de Ponte de Sor) e tamén pola totalidade da subrexión da Lezíria do Tejo e case todo o Medio Texo (exceptuando o concello de Ourém).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ribatexano.