Porto Santo
Porto Santo | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Vila Baleira |
País | Portugal |
Localización | Océano Atlántico |
Arquipélago | Arquipélago de Madeira |
Linguas | Portugues |
Poboación (2001) | 4.474 hab. |
Superficie | 42´17 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 33°3′43″N 16°21′23″O / 33.06194, -16.35639 |
Maior Altura | 517 m. Pico do Facho |
Localización | |
Porto Santo (Portugal) foi descuberta en 1418 por João Gonçalves Zarco, está situada a 40 km ao nordeste de Madeira. A Illa sobresae pola súa esplendida praia de area dourada de case 10 km.
A súa capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.
A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.
Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.
A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.
Sitios TurísticosEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto Santo |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |