Getafe Club de Fútbol

club de fútbol español

O Getafe Club de Fútbol, S.A.D é un club de fútbol español da cidade de Xetafe, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1983 e compite na Liga Santander. Actualmente o club conta con 12.000 socios e 27 peñas de afeccionados.

Getafe
NomeGetafe Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Azulones, Geta
Fundación1983
EstadioColiseum Alfonso Pérez,
Xetafe, Madrid España
Inauguración1998
Capacidade16.500
PropietarioEspaña Ángel Torres Sánchez
PresidenteEspaña Ángel Torres Sánchez
AdestradorEspaña José Bordalás
LigaPrimeira División
2023–2412.º
VestimentaJoma
PatrocinadorTecnocasa Group
Na rede
https://www.getafecf.com
Facebook: GetafeCF Twitter: GetafeCF Instagram: getafecf Youtube: UC34fUqq4rxJc0cj5Hart0zQ TikTok: getafecf Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Logo do seu debut en Primeira División na tempada 2004-05, o equipo mantívose na máxima categoría ata a tempada 2015/16, cando descendeu a Segunda División, pero recuperou a categoría unha tempada máis tarde. Nestes anos foi subcampión da Copa do Rei dous anos seguidos e xogou dúas edicións da UEFA Europa League.

Historia

editar

O actual Getafe, herdeiro do Club Getafe Deportivo fundado en 1945, data a súa inscrición dende o día 1 de setembro de 1976, ata que na tempada 80/81 pasa a denominarse Club Deportivo Peña Getafe. Xa en agosto de 1983 é cando realmente toma o actual nome: Getafe Club de Fútbol.

De Rexional a Segunda División

editar

Desde o seu refundación, o club realizou consecutivamente un ascenso de categoría ano tras ano, acadando o ascenso a Segunda División B na tempada 1986-87. Na súa primeira tempada acabou en terceira posición.

Na tempada 1990-1991 o Getafe finaliza en cuarto posto na liga regular disputando por primeira vez a promoción de ascenso contra Racing de Santander, Cartagena FC e Córdoba, quedando o equipo azulón en terceira posición do grupo. Na tempada 1992-93 volve quedar cuarto na fase regular pero esta vez é superado na promoción polo Real Murcia, disputando tamén o ascenso co Barakaldo e o Granada.

Finalmente, o 11 de xuño de 1994 da man do adestrador Luis Sánchez Duque conséguese o ansiado primeiro ascenso a Segunda División, tras finalizar segundo na liga e superando na promoción a Figueres, Alavés e Recreativo de Huelva.

Ascensos e descensos

editar

Na primeira tempada en Segunda, a 1994/95, o equipo finaliza en 18ª posición pero o descenso por problemas económicos e posterior readmisión en Primeira de Sevilla e Celta fan que en Segunda queden dúas prazas vacantes. A RFEF decide recuperar aos descendidos Leganés e Getafe. Con todo, o equipo descendería na seguinte tempada, logo de acabar en 19ª posición.

En 1996 o club convértese en sociedade anónima deportiva, sendo o Concello de Xetafe o seu accionista maioritario. O 13 de novembro de 1997 derrúbase o Estadio Municipal Las Margaritas para a construción do actual campo Coliseum Alfonso Pérez que se inauguraría o 30 de agosto de 1998. Durante ese tempo o equipo xogou nas instalacións do Polideportivo Juan de La Cierva.

Na tempada 1998/99 acaba en primeira posición no grupo I de Segunda B e supera na promoción de ascenso a Barakaldo, Murcia e Sevilla B, volvendo á Segunda División. Na tempada 1999/00 grazas ao descenso do Atlético de Madrid que obrigaba tamén ao descenso do filial, o 19º posto permitiulle manter a categoría. A seguinte tempada o Getafe finalizou en penúltima posición, descendendo novamente a Segunda B.

O inicio da tempada 2001/02 queda marcada pola traxedia do asasinato de Sebastián Gómez o 26 de agosto de 2001 en Castelló mentres gozaba dun permiso previo ao comezo da tempada. Isto uniu moito ao persoal completamente renovado con Félix Barderas "Felines" como adestrador. Ademais o club pasaba por unha nova crise económica na que os xogadores chegaron a estar varios meses sen cobrar, o que facía temer novamente a súa desaparición. A finais de abril de 2002, un grupo de empresarios de Xetafe fanse cargo do club e noméase presidente a Ángel Torres Sánchez que consegue a estabilidade económica do club. Nesa tempada o Getafe consegue a quinta praza na liga regular e grazas a que non podía ascender o Universidad de Las Palmas por ser por aquel entón filial do UD Las Palmas, o equipo xogou a fase de ascenso no seu lugar, volvendo a Segunda logo de superar a Motril, L'Hospitalet e Cultural Leonesa.

A tempada 2002/2003 iniciouse coas fichaxes de xogadores que foron moi importantes para o equipo como Gica Craioveanu, Vivar Dorado ou Diego Rivas entre outros, terminando aquela tempada nun traquilo 11º posto.

A tempada 2003/04 o club conta con xogadores como Míchel II, Uranga, Cotelo, Pachón ou Belenguer entre outros. Este equipo adestrado por Josu Uribe, consegue realizar unha estupenda segunda volta de campionato conseguindo loitar na última xornada por unha das tres prazas que daban dereito ao ascenso a Primeira División. O 19 de xuño de 2004 no estadio Heliodoro Rodríguez López contra o CD Tenerife consegue gañar cun resultado de 3-5, acadando o segundo posto e obtendo por primeira vez o ascenso á máxima categoría do fútbol español.

Primeira División

editar

A súa primeira tempada en Primeira é a 2004/05. O adestrador foi Quique Sánchez Flores que tamén debutaba na categoría. Ficháronse xogadores como Mariano Pernía, Raúl Albiol, Gabi ou Riki. Finaliza en 13º posto con 47 puntos, chegando aos oitavos de final da Copa do Rei.

A tempada seguinte Sánchez Flores márchase como adestrador ao Valencia CF e o equipo contrata a Bernd Schuster. Na tempada 2005/06, o equipo acada o noveno posto con 54 puntos e na Copa do Rei chega a oitavos de final, do mesmo xeito que o ano anterior. Isto fai que ao adestrador do Getafe gañe o primeiro trofeo Miguel Muñoz.

A tempada 2006/07 volve quedar noveno con 52 puntos, e plántase por primeira vez na final da Copa do Rei tras eliminar a Xerez, Valencia, Osasuna e Barcelona, equipo ao que gañou 4-0 no Coliseum logo de perder por 5-2 no Camp Nou. Na final, que se disputa contra o Sevilla FC, un solitario gol do maliano Kanouté evita a consecución do primeiro título da súa historia, pero o equipo queda clasificado para a Copa da UEFA ao estar o Sevilla xa clasificado para xogar a Liga de Campións.

Esta brillante tempada leva ao entón adestrador azulón, Bernd Schuster, a fichar polo Real Madrid, substituíndolle no banco xetafense Michael Laudrup. Tamén esa tempada élle concedido o trofeo Zamora ao porteiro do Getafe, o Pato Abbondanzieri.

EuroGeta

editar
 
Encontro disputado entre o Deportivo da Coruña e o Getafe CF.

O 20 de setembro de 2007, fai o seu debut na Copa da UEFA, vencendo no primeiro partido ante o FC Twente holandés por 1-0. O 10 de abril de 200 o Getafe queda eliminado nos cuartos de final polo Bayern de Múnic, logo de empatar 1-1 no estadio alemán Allianz Arena e 3-3 na prórroga no Coliseum. A pesar desta eliminación, en conxunto o Getafe realiza unha gran campaña na Copa da UEFA, eliminando a equipos como o Benfica, ou o AEK Atenas, ademais de vencer a clubs históricos como o Tottenham Hotspur FC ou o RSC Anderlecht.

O 16 de abril de 2008, o Getafe perde a súa segunda final de Copa do Rei consecutiva, esta vez contra o Valencia CF cun marcador de 3-1.

Na tempada 2009/10, baixo as ordes de Míchel, acaba na sexta posición tras sumar 58 puntos e con ela consegue a clasificación para a Europa League (antiga Copa da UEFA). Na tempada 2010/11, acaba en 16ª posición. Na Europa League é eliminado na fase de grupos.

O 21 de abril de 2011 fíxose oficial, por parte dun grupo investidor de Dubai (Emiratos Árabes Unidos), Royal Emirates Group; a compra da Sociedade anónima deportiva a partir de 2012. Tras a compra, o equipo podería adoptar a denominación comercial Getafe Team Dubai.[1]. Esta información confírmase o día 25 de abril de 2011 por parte do presidente do club Ángel Torres Sánchez en rolda de prensa.[2]

Datos do club

editar
  • Socios: 12.000
  • Peñas: 27
  • Tempadas en : 13 (Incluída a 2017/18)
  • Tempadas en : 7
  • Tempadas en 2ªB: 11
  • Tempadas en : 1
  • Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 32º
  • Mellor clasificación na liga: 6º (tempada 2009-10)
  • Peor clasificación na liga: 19º (tempada 2015-16)
  • Participacións na Europa League: 2
  • Maior goleada conseguida: AD Tardienta 0 - Getafe 12 (01-11-2023)
  • Maior goleada encaixada: Atlético Madrid 7 - Getafe 0 (23-11-2013)

Historial por tempadas

editar
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1983/84 2ª Rexional
1984/85 1ª Rexional
1985/86 Preferente
1986/87
1987/88 2ªB 1/32
1988/89 2ªB 1ª Rolda
1989/90 2ªB
1990/91 2ªB 1/32
1991/92 2ªB 1/16
1992/93 2ªB 1/64
1993/94 2ªB 1/32
1994/95 18º 1/32
1995/96 19º 1/32
1996/97 2ªB 16º 1/64
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB
Tempada Categoría Posto Copa do Rei UEFA
1999/00 19º 1/32
2000/01 21º 1/32
2001/02 2ªB 1/32
2002/03 11º 1/16
2003/04 1/32
2004/05 13º 1/8
2005/06 1/8
2006/07 Subcampión
2007/08 14º Subcampión 1/4
2008/09 17º 1/16
2009/10 1/2
2010/11 16º 1/8 1/32
2011/12 11º 1/16
2012/13 10º 1/8
2013/14 13° 1/8
2014/15 15º

Estadio

editar
 
Coliseum Alfonso Pérez.
Artigo principal: Coliseum Alfonso Pérez.

O estadio do club é o Coliseum Alfonso Pérez, situado en Xetafe. Foi construído en 1998 e actualmente, tras varias remodelacións ten unha capacidade de 18.000 persoas, cunha asistencia media aproximada de 12.000 persoas. O nome do estadio púxose en honra do xetafense e famoso xogador de fútbol, Alfonso Pérez.

Antes de 1998, os equipos do club xogaban e adestraban no estadio de fútbol do polideportivo do barrio xetafense de Las Margaritas, o cal tiña unha capacidade moito menor que o actual. Posteriormente xogaron nos campos de Juan de la Cierva. A 200 metros do Coliseum Alfonso Pérez está a Cidade Deportiva do Getafe, un recinto con tres campos de fútbol e diversas instalacións deportivas nas cales adestran os equipos do Getafe Club de Fútbol.

Nos próximos anos o club prevé construír unha gran cidade deportiva que constará dun estadio para capacidade de 25.000 espectadores,un mini-estadio, varios campos de céspede natural e artificial, un pequeno hotel onde se poderían hospedar os xogadores e rivais do club e un parque natural cun pequeno lago. Construírase moi preto do estadio actual, aínda que, de momento é só un proxecto. O estadio actual destruiríase e construiríase no vivendas.

Xogadores

editar

Cadro actual

editar

Actualizado o 6 de xullo de 2020.

Posto País Xogador
1 POR   Leandro Chichizola
2 DEF   Djené Dakonam
4 DEF   Erick Cabaco
5 MED   Peter Etebo
6 DEF   Chema
7 DIA   Jaime Mata
8 MED   Francisco Portillo
9 DIA   Ángel Rodríguez
11 DIA   Amath Ndiaye
12 DEF   Allan Nyom
13 POR   David Soria
14 DIA   Deyverson
Posto País Xogador
15 MED   Marc Cucurella
16 MED   Xabier Etxeita
17 DEF   Mathías Olivera
18 MED   Mauro Arambarri
19 DIA   Jorge Molina
20 MED   Nemanja Maksimović
21 MED   Fayçal Fajr
22 DEF   Damián Suárez
23 MED   Jason Remeseiro
24 MED   David Timor
25 MED   Kenedy
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Getafe B e coma tales, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro equipo deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Equipo técnico

editar

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar

Torneos amigables

editar

Filial

editar
Artigo principal: Getafe Club de Fútbol B.
  1. "O Getafe pasa a chamarse Getafe Team Dubai e presenta o seu novo escudo". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2011. Consultado o 25 de abril de 2011. 
  2. La Voz de Galicia, ed. (25 de abril de 2011). "Ángel Torres anuncia que os árabes investirán 130 millóns de dólares no Getafe" (en español). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2011. Consultado o 25 de abril de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar