Xerez Club Deportivo

(Redirección desde «Xerez CD»)

O Xerez Club Deportivo[2] é un club de fútbol español, con sede na cidade de Xerez da Fronteira (Cádiz, Andalucía). Foi refundado o 24 de setembro de 1947.

Xerez
NomeXerez Club Deportivo, S.A.D.
Alcume(s)Azulinos
La bulería mecánica
[1]
Fundación1907, como Xerez FC
1933, refundación
1947, como Jerez CD
EstadioMunicipal de Chapín
Xerez da Fronteira, España
Inauguración1988
Capacidade20.523
PresidenteEspaña Juan Luís Gil "Tintín"
AdestradorEspaña Francisco Higuera
LigaTerceira RFEF
2013–1419º (3ª – Grupo 10)
VestimentaJoma
Na rede
http://www.xerezcd.com/
Twitter: XerezCD_OFICIAL Instagram: xerezcd_oficial Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Durante a tempada 2008-09, na que contou co apoio de 9.656 abonados, militou na Segunda División de España e logrou o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia, ao que se sumou o título de campión da categoría de prata. Actualmente conta con 16.216 abonados.[3] Nesa tempada quedou 20º e volveu descender á Segunda División.

Denominación editar

Cando o Reino de Castela tomou Xerez o 9 de outubro de 1264 aos musulmáns no período coñecido como a Reconquista, a cidade pasa a denominarse Xerez, representando o fonema /x/ (iota) co pictograma X, como era regra na época. Outros casos similares son México e Texas. Á que se lle engadiría ao pouco tempo de la Frontera, ao atoparse na Fronteira co Reino de Granada, e ser escenario habitual de escaramuzas e enfrontamentos entre ambos reinos. Máis de dous séculos máis tarde, trala conquista de Granada en 1492, Xerez perde a súa condición de cidade fronteiriza definitivamente, pero non perde tal denominación.

O primeiro club de fútbol existente na cidade (de 1907 ao 1911, segundo fontes), o Xerez Fútbol Club, recupera o pictograma clásico "X" en lugar de utilizar a "J" moderna. Con todo, a pronunciación é a mesma. O Jerez Club Deportivo, descendente directo do anterior decide renderlle homenaxe a instancia do expresidente Pablo Porro Guerrero, a través de dúas medidas. A primeira delas foi o cambio de camiseta á usada polo primeiro club, pasando de camiseta de raias branca e azuis verticais a unha lisa azul. Este equipamento é o actual, diferenciándose unicamente da do Xerez Fútbol Club en que este utilizaba medias negras. A segunda medida tomada foi a recuperación do pictograma "X", pasando a ser Xerez Club Deportivo. O 29 de setembro de 1992 o club transfórmase nunha Sociedade Anónima Deportiva, pasando á denominación definitiva actual: Xerez Club Deportivo Sociedad Anónima Deportiva.

Uniforme editar

 
Pretemporada 2009/10.
  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón azul e medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.
 
 
 
 
 
Titular


 
 
 
 
 
Alternativo


 
 
 
 
 
 
Terceiro


Estadio editar

Artigo principal: Estadio Municipal de Chapín.

 

Estadio de Chapín.

O Xerez xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Chapín, cunha capacidade para 20.523 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Foi inaugurado en 1988, coa intención de substituír o antigo Estadio Domecq que foi derribado. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais do mesmo ano.

Datos do club editar

Partidos históricos en Primeira División editar

Tempada Local Resultado Visitante Estadio Notas
2009-10 Xerez 2-1 Villarreal Chapín 0-1 min 17.
2009-10 Xerez 2-1 Mallorca Chapín 0-1 min 23.
2009-10 Málaga 2-4 Xerez La Rosaleda 0-1 min 5. 2-1 min 55.
2009-10 Xerez 3-0 Valladolid Chapín
2009-10 Atlético de Madrid 1-2 Xerez Vicente Calderón
2009-10 Xerez 2-1 Almería Chapín
2009-10 Xerez 3-2 Zaragoza Chapín

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Filial editar

Artigo principal: Xerez Club Deportivo B.

O Xerez Club Deportivo B, fundado en 1957, milita actualmente en Primeira División Andaluza. O equipo filial disputa os seus partidos no Estadio de la Juventud, e é onde se forman as novas promesas do Xerez CD.

Notas editar

  1. La 'Bulería Mecánica' de Esteban, ante su barrera
  2. A pronunciación correcta é [xe'reθ] (como Jerez en castelán), non [ʃe'reθ], que é a forma literal que moitas persoas tenden a lelo. O club decidiu recuperar o arcaísmo e substituír a letra "J" por unha "X" pero a pronunciación segue sendo a mesma.
  3. Xerez CD. "O Xerez conta con 16.216 abonados". Consultado o 27 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar