Real Jaén Club de Fútbol
O Real Jaén Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Xaén, España. Actualmente milita no grupo 9 da Terceira División. Con 71 puntos, cultivados en tres tempadas, o Real Xaén ocupa a 49ª posición na Clasificación histórica de Primeira División.
Real Jaén | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Jaén Club de Fútbol | ||
Fundación | 1929 | ||
Estadio | Nuevo Estadio de la Victoria, Xaén, España | ||
Inauguración | 2001 | ||
Capacidade | 12.800 | ||
Presidente | Rafael Teruel | ||
Adestrador | Salva Ballesta | ||
Liga | 3ª - Grupo 9 | ||
2016–17 | 19º (2ªB – Grupo 4) | ||
Na rede | |||
http://www.realjaen.com/ | |||
| |||
Escudo
editarO escudo do Real Jaén ten forma semellante a un corazón, aínda que cun pequeno pico cara a arriba. De bordos morado, en fondo branco figura o nome da cidade, sobre as letras C e F entrelazadas. Na parte superior ten unha coroa, que representa o título de Real que ostenta o Jaén.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancos, con algúns detalles, reberetes ou ata as mangas en morado.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias morados, con detalles ou reberetes en branco.
- Terceiro uniforme: Como tal non existe, pero ante equipos con pantalón claro e camiseta escura o Real Jaén utiliza a camiseta do primeiro equipamento e os pantalóns e medias da segunda. Ocasionalmente pode ocorrer ao contrario, tendo que vestir a camiseta do segundo equipamento e os pantalóns e medias da primeira.
Estadio
editar- Artigo principal: Nuevo Estadio de la Victoria.
Inaugurado en 2001, con capacidade para 12.569 persoas. O primeiro partido oficial que se xogou nel, foi o que enfrontou ao Real Jaén co Poli Ejido na 2ª xornada da liga 2001-2002 en Segunda división, sendo o resultado final a vitoria por 3 a 1 do conxunto jiennense.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 3
- Tempadas en 2ª: 16
- Tempadas en 2ª B: 31
- Tempadas en 3ª: 25 (incluída a 2017/18)
- Mellor posto na liga: 14º (1ª División tempadas: 53-54 e 56-57)
- Peor posto na liga: 16º (1ª División tempada 57-58)
- Maior goleada conseguida na casa en 1ª: 6-1 ao Sporting de Gijón (tempada 53-54)
- Maior goleada conseguida fora en 1ª: 1-2 ao RCD Espanyol (tempada 53-54)
- Maior goleada encaixada na casa en 1ª: 2-4 fronte ao Real Madrid (tempada 53-54)
- Maior goleada encaixada fora en 1ª: 7-1 fronte ao Real Madrid (tempada 53-54)
Xogadores 2009/10
editar
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División de España (2): 1952-53, 1955-56
- Segunda División B de España (2): 1995-96, 2012-13
- Terceira División de España (5): 1951-52, 1964-65, 1966-67, 1975-76, 1987-88
- Copa Federación (2): 1952, 2009
- Subcampión da Segunda División B (1): 2008-09
- Subcampión da Terceira División (3): 1943-44, 1945-46, 1946-47
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Web oficial
- Sitio Web Non oficial Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
- Himno
- Resumos dos partidos do Real Jaén C.F.S.A.D