Estadio Municipal de Chapín
O Estadio Municipal de Chapín é a estrutura máis representativa do Complexo Deportivo homónimo situado próximo ao centro histórico de Xerez da Fronteira, Cádiz (España).
Chapín | |
---|---|
![]() Panorámica do estadio | |
Datos | |
Coordenadas | 36°41′21″N 6°07′13″O / 36.689167, -6.120278 |
Localización | Xerez da Fronteira, España |
Construción | |
Inauguración | 28 de xuño de 1988 |
Arquitecto | Cruz y Ortiz |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 20.523 |
Propietario | Concello de Xerez da Fronteira |
Operadora | Xerez CD |
Localía | Xerez CD |
Web | https://www.jerez.es/webs-municipales/deportes/sedes-horarios-y-precios/estadio-chapin |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1988 foi inaugurado cun partido entre o Xerez CD e o Real Madrid, coa intención de substituír o antigo Estadio Domecq que foi derrubado ese mesmo ano. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais de 2002. Tras a celebración deste evento, o estadio volveu ser adaptado para acoller outras disciplinas deportivas e outros diversos actos públicos, entre os que destacan o fútbol e o atletismo.
Un aspecto representativo do estadio é a localización de dous grandes edificios anexos. Nunha das súas esquinas, entre tribuna e fondo norte, sitúase o hotel de catro estrelas AC Chapín, cunha terraza e habitacións con vistas ao interior do recinto, que en días de partido soben o seu prezo. Na esquina oposta, entre as seccións de preferencia e fondo sur, atópase emprazado un Centro de Alto Rendemento, que serve de apoio ao gran videomarcador do estadio.
Galería de imaxes
editar-
Terreo de xogo e hotel
-
Interior
-
Antes da última remodelación
-
Bancada
-
Accesos