Estadio La Rosaleda

Coordenadas: 36°44′03″N 4°25′35″O / 36.734092, -4.426422

La Rosaleda é un estadio de fútbol que se atopa na cidade de Málaga (España). É sede do Málaga Club de Fútbol de Primeira División.

La Rosaleda
Estado de la Rosaleda (Málaga C.F.).jpg
Datos
LocalizaciónMálaga, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración1941
Reinauguración: 14 de setembro de 2006
ArquitectoJosé Seguí
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade30.044
PropietarioConcello de Málaga, Deputación de Málaga, Xunta de Andalucía
LocalíaMálaga CF
Eventos

Anteriormente foi sede do Club Deportivo Málaga, do cal o Málaga CF é herdeiro. O filial malaguista tamén o utilizou como terreo de xogo habitual durante o seu período en Segunda. O Trofeo Costa do Sol de fútbol, organizado anualmente polo Málaga Club de Fútbol xunto co Concello de Málaga, celébrase neste estadio. A súa capacidade é de 30.044 espectadores, situándoo no cuarto posto entre os estadios de Andalucía.

Este campo de fútbol substituíu ao histórico campo malagueño dos Baños del Carmen. Ao alagarse este, La Rosaleda viuse obrigada a ser utilizada por primeira vez o 13 de abril de 1941 cun partido oficial entre o CD Malacitano e a AD Ferroviaria de Madrid. No entanto, a inauguración oficial produciuse o 14 de setembro de 1941, cun partido amigable entre o CD Málaga e o Sevilla FC. Neste partido, o Málaga tamén estreaba nome, pois a súa denominación anterior era CD Malacitano.

Galería de imaxesEditar

Ligazóns externasEditar