Xunta de Andalucía
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Xunta de Andalucía (en castelán: Junta de Andalucía) é a institución na que se organiza o goberno da Comunidade Autónoma de Andalucía. Está integrada polo Parlamento de Andalucía, a Presidencia da Xunta de Andalucía e polo Consello de Goberno da Xunta de Andalucía.
Os presupostos do ano 2010 ascenderon a 33.737.7 millóns de euros[1] e posúe máis de 200.000 empregados directos.
No 2014, a Presidenta da Xunta de Andalucía é Susana Díaz Pacheco, pertencente ao Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A). Na Xunta goberna o PSOE desde a creación da primeira Xunta preautonómica o 27 de maio de 1978, cando Plácido Fernández Viagas chegou a presidencia en detrimento de Jaime García Añoveros, de UCD. A presenza do PSOE na presidencia é polo tanto anterior á autonomía de Andalucía e esténdese ao longo de 32 anos e 6 presidencias distintas.
Símbolo
editarSímbolo xenérico da Xunta de Andalucía
O símbolo xenérico é unha síntese do escudo, con atributos de modernidade e dinamismo. Contén de xeito sintético os elementos que definen o escudo de Andalucía:
- A Bandeira en forma de arco de medio punto, expándese converténdose en ondas que se proxectan cara o exterior.
- Hércules concéntrase nun triángulo, figura estética, que como un compás apunta ao norte.
Con esta simboloxía represéntase a nova Andalucía de progreso, en movemento e en comunicación directa cos cidadáns, estando tamén presente nos Organismos, Entidades e Empresas Públicas que xestiona ou nos que participa, así como no patrimonio que mantén, facendo patente a súa acción de goberno.[2]
Institucións
editarParlamento
editar- Artigo principal: Parlamento de Andalucía.
O Parlamento de Andalucía é a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Andalucía. Está composto por deputados elixidos mediante sufraxio universal directo, os cales representan ao pobo andaluz.[3] O Parlamento de Andalucía constituíuse por primeira vez no 1982, tras a aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981. A actual sede está no antigo Hospital de las Cinco Llagas en Sevilla.
Presidente
editarO Presidente da Xunta de Andalucía é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma. A súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno do Parlamento de Andalucía e o seu nomeamento correspóndelle ó rei.
Consello de Goberno
editarO Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desenvolvemento da función executiva e administrativa da Xunta de Andalucía. Está composto polo Presidente da Xunta de Andalucía, quen o preside, e polos Consejeros nomeados por el para facerse cargo das diversas Consejerías.
Reúnense habitualmente os martes de todas as semanas.[4]
Consejerías
editarNa lexislatura actual (2012-2016) a Xunta de Andalucía está composta polas seguintes 11 consellerías, ordenadas por prelación:[5]
O primeiro Consello de Goberno formouse o 7 de maio de 2012 trala constitución do Parlamento e a sesión de investidura do novo presidente, José Antonio Griñán, tralas eleccións do 25 de marzo de 2012. O presidente nomeou a 11 conselleiros e un vicepresidente. Posteriormente, o 27 de agosto de 2013 produciuse a dimisión do presidente, celebrándose unha sesión de investidura os días 4 e 5 de setembro onde o Parlamento outorgou a confianza a Susana Díaz a cal formou novo goberno o 9 de setembro de 2013.
Composición do Consello de Goberno da Xunta de Andalucía - IX Lexislatura | ||
---|---|---|
Consellería | Conselleiro | Competencias |
Presidenta da Xunta de Andalucía | Susana Díaz Pacheco |
Representación máxima da Comunidade Autónoma. Elección dos Conselleiros. Dirección e coordinación o Consello de Goberno. Coordinación as Administracións Públicas.[6] |
Vicepresidencia da Xunta de Andalucía e Consellería de Administración Local e Relacións institucionais |
Diego Valderas Sosa | Relacións co Goberno central, Deputacións provinciais, Mancomunidades e concellos. Consumo, Dereitos da cidadanía, Participación, Voluntariado, Memoria histórica.[7] |
Consellería da Presidencia |
Manuel Jiménez Barrios | Asistencia política, técnica e xurídica do Presidente e do Goberno, protocolo, xestión económica da Presidencia, comunicación, BOJA[8] |
Consellería de Facenda e Administración Pública |
María Jesús Montero Cuadrado | Política económica e financeira, programación, seguimiento, avaliación, coordinación e verificación das actuacións de contido económico e financeiro, entre estas os Presupostos da Xunta[9] |
Consellería de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego |
José Sánchez Maldonado | Educación superior, investigación científica e innovación tecnolóxica, axuda ás empresas para I D, sociedade da información, industria, enerxía, minas, cooperativas, incentivos rexionais e tecnolóxicos [10], cooperación económica y desarrollo de mercados. Relaciones laborales, seguridad y sanidad en el trabajo, tutela del Servicio Andaluz de Empleo, políticas de autoempleo, red de UTEDLT (desarrollo local y tecnológico en áreas rurales[11] |
Consellería de Igualdade, Saúde e Políticas Sociais |
María José Sánchez Rubio | Sanidade e hixiene pública, hospitais e consumo. Familia, terceira idade, discapacitados, integración social, prestacións no contributivas e asistencia social[12] |
Consellería de Educación, Cultura e Deporte |
Luciano Alonso Alonso | Educación infantil, primaria e secundaria, formación profesional. Arte e cultura, patrimonio histórico - bibliográfico - sonoro - imaxe, museos. Promoción do deporte[13] |
Consellería de Xustiza e Interior |
Emilio de Llera Suárez Bárcena | Coordinación da acción do Consello en materia de seguridade e servizos de emerzencias, eleccións e consultas, espectáculos e actividades recreativas, voluntariado, drogodependencias, protección de animais[14] |
Consellería de Fomento e Vivenda |
Elena Cortés Jiménez | Obras públicas, infraestruturas e organización do transporte por estrada, ferroviario, marítimo e aéreo[15] |
Consellería de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento Rural |
Elena Víboras Jiménez | Agricultura, gandaría, agroalimentación, desenvolvemento rural e pesca, acuicultura e investigación agropecuaria.[16] |
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio |
María Jesús Serrano Jiménez | Protección do medio ambiente, auga, espazos naturais, vías pecuarias, montes públicos, cotos de caza e control cinexético.[17] |
Consellería de Turismo e Comercio |
Rafael Rodríguez Bermúdez | Planificación, promoción e desenvolvemento do turismo, comercio, artesanía.[18] |
Fonte: Xunta de Andalucía |
Defensor do Pobo Andaluz
editarO Defensor do Pobo Andaluz é unha institución cuxa misión principal é a protección e defensa en Andalucía dos Dereitos e Liberdades establecidos no primeiro título da Constitución española. Para isto ten a potestade de inspeccionar aos concellos, ás deputacións provinciais así coma á Xunta de Andalucía. O Defensor do Pobo Andaluz é elixido polo Parlamento de Andalucía para desenvolver as súas funcións durante cinco anos, período tras o que pode renovado.
Consello Consultivo
editarO Consello Consultivo de Andalucía é o órgano superior consultivo do Consello de Goberno e da Administración da Xunta de Andalucía, incluídos os seus organismos. Así mesmo, é o órgano supremo de asesoramento das entidades locais e dos organismos e entes de dereito público das dependentes, así coma das universidades públicas andaluzas.[19]
Consello Audiovisual de Andalucía
editarO Consello Audiovisual é a autoridade audiovisual independente encargada de velar polo respecto dos dereitos, liberades e valores constitucionais e estatutarios nos medios audiovisuais, tanto públicos coma privados dentro de Andalucía, así coma do cumprimento da normativa vixente en materia audiovisual e de publicidade.[20]
Presidentes da Xunta
editarLista de Presidentes da Xunta de Andalucía desde 1978 | ||||
Período | Presidente | Observacións | ||
Nome | Partido | |||
Xunta Preautonómica[21] | 1978-1979 | Plácido Fernández Viagas | PSOE | Dimite o 2 de xuño de 1979 |
1979-1982 | Rafael Escuredo Rodríguez | PSOE | ||
I Lexislatura | 1982-1984 | Rafael Escuredo Rodríguez | PSOE | Dimite o 17 de febreiro de 1984 |
1984-1986 | José Rodríguez de la Borbolla | PSOE | ||
II Lexislatura | 1986-1990 | José Rodríguez de la Borbolla | PSOE | |
III Lexislatura | 1990-1994 | Manuel Chaves González | PSOE | |
IV Lexislatura | 1994-1996 | Manuel Chaves González | PSOE | |
V Lexislatura | 1996-2000 | Manuel Chaves González | PSOE | |
VI Lexislatura | 2000-2004 | Manuel Chaves González | PSOE | |
VII Lexislatura | 2004-2008 | Manuel Chaves González | PSOE | |
VIII Lexislatura | 2008-2009 | Manuel Chaves González | PSOE | Dimite o 7 de abril de 2009 |
2009 | Gaspar Carlos Zarrías Arévalo | PSOE | En funcións | |
2009-2012 | José Antonio Griñán Martínez | PSOE | ||
IX Lexislatura | 2012-2013 | José Antonio Griñán Martínez | PSOE | Dimite o 27 de agosto de 2013 |
2013-2015 | Susana Díaz Pacheco | PSOE | ||
X Lexislatura | 2015-2019 | Susana Díaz Pacheco | PSOE | |
XI Lexislatura | 2019- | Juan Manuel Moreno | PP | |
Fonte: Xunta de Andalucía |
Notas
editar- ↑ Web da Xunta de Andalucía, presupostos de 2010, os primeiros nos que se reduce o seu montante respecto do ano anterior
- ↑ Junta de Andalucía - Consejeríade la Presidencia - Manual de identidad Corporativa[Ligazón morta]
- ↑ «El Parlamento de Andalucía representa al pueblo andaluz», Estatuto de Autonomía de Andalucía, 2007, Título IV, Capítulo I, artículo 100. Fuente: Xunta de Andalucía Arquivado 02 de setembro de 2007 en Wayback Machine..
- ↑ http://www.juntadeandalucia.es/SP/JDA/CDA/Secciones/Consejo_de_Gobierno/JDA-CDA_Eleccion_Consejo/0,20323,2008,00[Ligazón morta]
- ↑ "Consejerías".
- ↑ Estatuto de autonomía para Andalucía, artículo 117.
- ↑ "Consejería de Administración Local y Relaciones institucionales". Xunta de Andalucia. Consultado o 23 de outubro de 2013.
- ↑ Fuente: Consejería de la Presidencia[Ligazón morta].
- ↑ Fuente: Consejería de Economía y Hacienda.
- ↑ Fuente: Ver explicación y resumen de los Incentivos Regionales.
- ↑ Fuente: Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa.
- ↑ Fuente: Consejería de Salud.
- ↑ Fuente: Consejería de Cultura.
- ↑ Fuente: Consejería de Gobernación Arquivado 02 de abril de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ Fuente: Consejería de Obras Públicas y Transportes.
- ↑ Fuente: Consejería de Agricultura y Pesca.
- ↑ Fuente: Consejería de Educación Arquivado 28 de abril de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Fuente: Consejería de Turismo, Comercio y Deporte[Ligazón morta].
- ↑ Art. 129 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
- ↑ Art. 131 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
- ↑ Período preautonómico: Antes da adopción do Estatuto de Autonomía en outubro de 1981.