Atlético Malagueño

(Redirección desde «Málaga CF B»)

O Atlético Malagueño é un club de fútbol andaluz, da cidade de Málaga, primeiro equipo filial do Málaga Club de Fútbol. Fundouse en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña e xoga actualmente no grupo 4 da Segunda División B Española.

Atlético Malagueño
NomeAtlético Malagueño, S.A.D.
Alcume(s)Boquerones, Chanquetes
Fundación1990
(como Sociedad Deportiva Malagueña)
EstadioEl Viso, Málaga, España España
Inauguración1990
Capacidade1.300 espectadores
PresidenteQatar Abdullah ben Nasser Al Thani
AdestradorEspaña Manolo Sanlúcar
Liga2ªB – Grupo 4
2017–18 (3ª – Grupo 9)
VestimentaNike
Na rede
http://www.malagacf.com
Titular
Alternativo
Terceiro

O seu maior éxito foi ascender á Segunda división española no ano 2003, onde se mantivo tres tempadas consecutivas.

Denominacións editar

Foi fundado en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña. Coa desaparición do Club Deportivo Málaga en 1992, converteuse no filial do Club Atlético Malagueño (que ata entón fora o filial do CD Málaga e que durante 2 anos relevouno como primeiro equipo malaguista).

En 1994 o Club Atlético Malagueño cambiou o seu nome, feito que supuxo o nacemento do actual Málaga Club de Fútbol. En 1995, o filial adoptou o nome do primeiro equipo pasando a ser o Málaga Club de Fútbol B, para axustarse á normativa da Real Federación Española de Fútbol.

En 2008 a presidencia do Málaga declarou a súa vontade de adoptar para o filial a denominación tradicional de Atlético Malagueño, con moito arraigamento entre os afeccionados malaguistas,[1] nome que o 9 de xullo de 2009 foi aprobado pola Real Federación Española de Fútbol.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branca e celeste a franxas verticais, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul escura con franxas brancas, pantalón azul escuro e medias azuis escuras.

Datos do club editar

Xogadores editar

Actualizado a 8 de setembro de 2018.

Posto País Xogador
POR   Kellyan
POR   Samu Casado
DEF   Abdel Abqar
DEF   Álex Robles
DEF   Alberto López
DEF   Alejandro Benítez
DEF   Ian Soler
DEF   Ismael Casas
DEF   Iván Rodríguez
DEF   Juande
DEF   Sergio Chica
MED   David Ramos
MED   Deco
MED   Hicham
Posto País Xogador
MED   Iván Jaime
MED   José Carlos
MED   Juan Cruz
MED   Aboubakar Karamoko
MED   Keidi Bare
MED   Luismi
MED   Álex Mula
DIA   Antoñín
DIA   Jack Harper
DIA   Joan Grasa
DIA   Joel Arimany
DIA   Rubén
DIA   Santi

Palmarés editar

Notas editar

  1. "O filial pasará a chamarse Malagueño ou Atlético Malagueño". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de xuño de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar