Deportivo Alavés
O Deportivo Alavés é un club de fútbol español da cidade de Vitoria-Gasteiz, en Áraba (País Vasco). Foi fundado no ano 1921 e compite na Primeira División, logo de ascender na tempada 2022–23.
Deportivo Alavés | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Deportivo Alavés, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Babazorros O glorioso | |||
Fundación | 1921 (103 anos) | |||
Estadio | Mendizorrotza, Vitoria-Gasteiz, España | |||
Inauguración | 1924 | |||
Capacidade | 19.200 | |||
Presidente | Alfonso Fernández de Trocóniz | |||
Adestrador | Luis García Plaza | |||
Liga | Primeira División | |||
2022–23 | 4° (Segunda División) | |||
Vestimenta | Kelme | |||
Na rede | ||||
http://www.alaves.com/ | ||||
| ||||
O Alavés xogou un total de 12 tempadas en Primeira División. O seu maior éxito deportivo tivo lugar en 2001, cando, no ano do seu debut en competición europea, foi finalista da Copa da UEFA ante o Liverpool FC, sendo derrotado por gol de ouro (5-4). Ademais xogou outra edición da mesma competición dous anos máis tarde.
O propietario é o club de baloncesto Saski Baskonia personalizado na figura do seu máximo accionista Josean Querejeta. Xoga os seus partidos no estadio de Mendizorrotza, con capacidade para máis de 19.000 espectadores.
Historia
editarOrixes, ascensos e crises
editarO Deportivo Alavés naceu co nome de Sport Friends en 1920 e o 28 de xaneiro de 1921 adoptou a denominación actual. Comezou a liga, na tempada 1928–29, na Segunda División. Na tempada 1929–30 xa conseguiu o primeiro ascenso á Primeira División, onde permaneceu tres tempadas. Anos máis tarde, renunciou á Segunda División, estando a piques de desaparecer en varias ocasións.
Trala guerra civil, o Alavés quedou excluído de Segunda División e militou no Campionato Rexional. Na tempada 1943-44, foi encadrado en Terceira División e ao ano seguinte logrou o seu primeiro título nacional, a Copa Federación.
O equipo volveu a Segunda en 1951 e tres anos máis tarde volveu ascender a Primeira División. Este novo ascenso supuxo a segunda aventura do Alavés na máxima categoría do fútbol español, pero dous anos despois, volvería baixar de categoría. Unha crise de mal xogo devolveuno a Terceira División, e ata, en 1966, púxoo outra vez ao bordo da desaparición.
Na tempada 1968/69 o equipo volve xogar en Segunda un ano pero sofre dous descensos consecutivos que o levan a Rexional, categoría na que só xogou unha tempada. Logo de tres tempadas en Terceira, o equipo aséntase novamente en Segunda, categoría na que xoga nove anos consecutivos. Logo descende a Segunda B e tres anos máis tarde inicia unha nova etapa en Terceira División.
Punto de inflexión e regreso á elite
editarNa tempada 1989/90, o Deportivo Alavés atopa un punto de inflexión ao tomar as súas rendas un novo grupo de empresarios, tras unhas campañas onde se correu verdadeiro risco de desaparecer. Con Juan Arregui Garay como presidente, e trala disputa durante cinco tempadas consecutivas dos playoffs polo ascenso á Segunda División, lógrao en Xaén o 21 de xuño de 1995 comandado por Jesús Aranguren, pese a perder 3-1.
Tres anos máis tarde o 3 de maio de 1998 e tras bater o récord de puntos da categoría ata o momento (82 puntos) logra o ascenso a Primeira División en Mendizorrotza e ante o Rayo Vallecano, tras 42 anos de habela abandonado.
O Alavés pasa a ser un dos equipos máis interesantes para os xogadores, dados a súa liquidez de pagamento e os seus excelentes resultados. Na segunda tempada na categoría, conseguiu gañar ao Barcelona (1-0 en Mendizorrotza e 0-1 no Camp Nou, ambos goles de Nan Ribeira) ou ao Valencia en Mestalla (0-2). O equipo acabou na sexta posición, conseguindo a clasificación para a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia.
O Alavés en Europa
editarNa tempada 2000–01, chegan homes como Iván Alonso ou Ivan Tomić. O primeiro rival na UEFA é o Gaziantepspor turco. Na ida un empate a cero, parecía complicar a clasificación, pero o equipo alavés gañou 3-4 en Turquía. O Deportivo Alavés camiña firme por Europa, elimina os noruegueses Lillestrøm (1-3 e 2-2) e Rosenborg (1-1 e 1-3), ao poderoso Inter de Milán no seu estadio por 0-2 o 22 de febreiro de 2001, tras empatar 3-3 en Vitoria, ao Rayo Vallecano tras vencer 3-0 en Vitoria e 2-1 en Vallecas, e ao Kaiserslautern alemán nas semifinais (en Vitoria 5-1 e 1-4 no estadio alemán), alcanzando a final da Copa da UEFA. Nela cae fronte ao Liverpool FC no Westfalenstadion de Dortmund (Alemaña) o 16 de maio de 2001, por 5-4 con gol de ouro na prórroga, no que xa é considerado o mellor partido da historia desta competición e un dos 20 mellores encontros de toda a historia.
Na tempada seguinte, o equipo acababa na sétima posición na liga, clasificándose novamente para a Copa da UEFA. Na tempada 2002/03, na que fichou a homes como Dutruel, Abelardo ou Luis Helguera, o Alavés cae na segunda rolda da Copa da UEFA contra o Beşiktaş JK turco e descende a Segunda División, poñendo fin á mellor etapa da historia do club.
Descensos e gran crise
editarO primeiro ano en Segunda, con Pepe Mel como adestrador, o equipo móstrase irregular pero chega con opcións de ascenso para a última xornada. O Alavés, tras moitos rumores, cambia de mans: Gonzalo Antón, herdeiro de Arregui, vende o 51% a Dmitry Piterman, co que chegará unha gran decadencia do equipo.
Na tempada 2004/05, o equipo acaba terceiro volvendo á Primeira División. O paso pola máxima categoría duraría só un ano: o Alavés volvía a Segunda, logo de descender na última xornada. Na tempada 2006/07 salvou por pouco a categoría, á custa de aumentar a súa débeda de forma considerable.
Tras unhas complicadas negociacións, no verán de 2007, Fernando Ortiz de Zárate convértese en presidente do Alavés. O club arrastra graves problemas económicos debidos á mala xestión de Dmitry Piterman, polo que o club entra nunha Lei Concursal, o que se traduce nunha intervención xudicial. Ao estar na Lei Concursal, o club debe aforrar en diñeiro, polo que limita as fichaxes e moitos xogadores parten de Vitoria. Na tempada 2007/08, o equipo evita a desaparición cando consegue a permanencia en Segunda na última xornada. Na tempada 2008/09, tras permanecer numerosas xornadas en postos de descenso, baixa a Segunda División B 15 anos despois.
Na tempada 2009/10, irregular en canto a resultados, o equipo acaba na quinta posición, logo de perder co Pontevedra na última xornada. A tempada 2010/11, tras un arranque de 8 partidos invicto, asentouse como firme candidato ao ascenso, proclamándose campión de inverno. O equipo acabou na terceira posición, clasificándose para os playoffs de ascenso. Tras eliminar a UD Melilla, cae en segunda rolda contra o Lugo. Na seguinte tempada, o Alavés quedou a tan só tres puntos da promoción, na sexta posición.
Na tempada 2012/13, o Alavés proclámase campión do grupo II de Segunda B con 9 puntos de vantaxe sobre o Eibar, segundo clasificado. Nos playoffs de ascenso, supera a dobre eliminatoria ao Real Jaén, empatando 1-1 en Xaén e gañando 1-0 en Mendizorrotza, volvendo a Segunda División. Despois de dúas tempadas complicadas nas que se salvou nas últimas xornadas, na tempada 2015/16 proclámase campión de Segunda División e volve a Primeira despois de máis dunha década de ausencia.
Na tempada 2016/17 o equipo acaba a Liga na novena posición mentres que na Copa do Rei o acada final por primeira vez na súa historia. O Alavés non puido superar ao FC Barcelona, que se proclamou campión despois de gañar por 3-1 no Estadio Vicente Calderón.
Uniforme
editarA mediados de tempada 2008-2009, no mes de xaneiro, o Deportivo Alavés recibe o novo equipamento da marca Legea.
- Uniforme titular: Camiseta de tres raias verticais azuis e brancas, pantalón azul, medias brancas cun reberete azul.
- Uniforme alternativo: Equipamento enteiro de cor negra con detalles azuis.
- Terceiro uniforme: Camiseta vermella e pantalon rosa.
Himno
editarO seu himno foi escrito por Alfredo Donnay, músico vitoriano nos 50, aínda que parece ser que en Mendizorrotza naceu xa nos anos 20, o famoso cántico de "alabin, alaban...". Piterman iniciou un concurso para crear un himno en éuscaro, pero a mala imaxe que tiña Piterman entre os afeccionados e a marcha deste, provocaron que o proxecto quedase no esquecemento.
Podes ver a letra do himno actual aquí.
Instalacións
editarEstadio de Mendizorrotza
editar- Artigo principal: Estadio de Mendizorrotza.
O Estadio de Mendizorrotza foi inaugurado o 27 de abril de 1924 e ten unhas dimensións de 105 x 67 metros. Está situado no Paseo Cervantes, á beira das piscinas municipais e da Fundación Estadio. O estadio sufriu varias remodelacións, sendo a última e máis importante na tempada 1998-99 tras o terceiro ascenso do Alavés a Primeira División.
Museo
editarO Deportivo Alavés conta cun museo nos baixos de Mendizorrotza que foi inaugurado a principios do ano 2005. No seu interior atópanse trofeos como o do Subcampionato da Copa da UEFA e unha placa na que se cataloga á afección do Alavés como a mellor do ano 2001 segundo a UEFA.
Outras instalacións
editarO Deportivo Alavés conta con outras dúas instalacións deportivas:
- Cidade Deportiva "El Glorioso", formada por varios campos de adestramento dos equipos inferiores: 1 de herba natural, 3 de herba artificial e 3 de fútbol sala, cunha superficie total de 40.000 m².
- Cidade Deportiva "Jose Luís Compañón", foi cedida polo defunto Don Juan Arregui Garay. É o lugar de adestramento do primeiro equipo e os equipos inferiores. Está formada por 1 campo de herba artificial e 3 campos de herba natural.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 18 (Incluída a 2023/24)
- Tempadas en 2ª: 38
- Tempadas en 2ªB: 12
- Tempadas en 3ª: 22
- Mellor posto en Primeira: 6º (tempada 99-00)
- Peor posto en Primeira: 19º (tempada 02-03)
- Posto na Clasificación histórica da Primeira División: 31º
- Participacións en competicións europeas: 2
- 2 na Copa da UEFA (2000-01, 2002-03)
Historial na liga
editar
|
|
|
|
Xogadores
editar- Categoría principal: Xogadores do Deportivo Alavés.
Cadro actual
editar- Actualizado a 26 de agosto de 2021.
|
|
Distincións individuais de futbolistas
editar- Trofeo Zamora: 1999-00 Martín Herrera con 0,97 goles/partido
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División (4): 1929–30, 1953–54, 1997–98, 2015–16
- Segunda División B (4): 1992–93, 1993–94, 1994–95, 2012–13
- Terceira División (6): 1940–41, 1960–61, 1964–65, 1967–68, 1973–74, 1989–90
- Copa RFEF (1): 1946
- Subcampión da Segunda División B (1): 1990–91
- Subcampión da Terceira División (3): 1943–44, 1950–51, 1988–89
Torneos internacionais
editar- Subcampión da Copa da UEFA (1): 2001
Filial
editar- Artigo principal: Deportivo Alavés B.
O Deportivo Alavés B é o equipo filial do club. Fundouse en 1921 e xoga no grupo IV da Terceira División RFEF. O equipo xogou 7 tempadas consecutivas en Segunda División B entre 1999 e 2006.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 08 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.