O gol de ouro foi un método para determinar o gañador dun partido de fútbol que terminaba empatado despois do tempo regulamentario. Noutros deportes, este tipo de figura coñécese como morte súbita.

Oliver Bierhoff (na foto) foi o autor do primeiro gol de ouro na historia do fútbol, ocorrido na final da Eurocopa 1996, ante a República Checa.

Características editar

Iniciada a prórroga, esta dábase por concluída se algún equipo conseguía un gol, o mesmo atribuía a vitoria ao equipo que o marcaba.

O gol de ouro foi utilizado por primeira vez na Eurocopa 1996, cando Alemaña derrotou na final ao combinado da República Checa. Foi utilizado por primeira vez nun campionato mundial en oitavos de final de Francia '98, cando a selección local derrotou a Paraguai.

No ano 2002, a UEFA creou un novo sistema: o gol de prata, que foi utilizado ata a Eurocopa 2004. Con todo, a FIFA, encargada de regular as leis de fútbol, aboliu en 2004 o uso dos goles de ouro e de prata en todas as competicións futbolísticas en cancha grande, regresando á prórroga de dous tempos extras completos de 15 minutos, xa que moitos países preferían manterse con vida durante todo o partido a arriscarse a recibir un gol e perdelo de forma instantánea.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar