Selección de fútbol de Alemaña
A selección nacional de fútbol de Alemaña, é o equipo representativo de Alemaña nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Alemá de Fútbol (Deutscher Fußball-Bund), pertencente á UEFA. Gañadora de catro Copas do Mundo (1954, 1974, 1990 e 2014) e tres Eurocopas, é unha das seleccións máis prestixiosas do mundo deste deporte.
Alemaña | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Deutscher Fußball-Bund | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | GER | ||
Alcume | Die Mannschaft (O equipo) | ||
Clasificación FIFA | 15[1] (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Joachim Löw | ||
Máis encontros | Lothar Matthäus (150) | ||
Máximo goleador | Miroslav Klose (71) | ||
Estrea internacional Suíza 5 - 3 Alemaña Basilea, Suíza; 5 de abril de 1908 | |||
Maior vitoria Alemaña 16 - 0 Imperio Ruso Estocolmo, Suecia; 1 de xullo de 1912 | |||
Maior derrota Inglaterra 9 - 0 Alemaña Oxford, Inglaterra; 16 de marzo de 1909 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 19 (primeira en 1934) | ||
Mellor resultado | Campións (1954, 1974, 1990, 2014) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 13 (primeira en 1972) | ||
Mellor resultado | Campións (1972, 1980, 1996) |
A nivel de Mundiais de fútbol tan só o Brasil ten máis títulos. Alemaña ademais disputou outras catro finais onde non acadou a vitoria, sendo a selección europea con máis finais disputadas, igualando ó Brasil con sete ocasións: 1954, 1966, 1974, 1982, 1986, 1990 e 2002. Foi ademais a primeira selección que liderou a Clasificación Mundial da FIFA, ocupando o primeiro posto durante 1993 e 1994.
Entre os anos 1949 e 1990 existiron dous equipos xermanos, o de Alemaña Oriental (República Democrática Alemá) e Alemaña Occidental (República Federal Alemá). Tódolos títulos foron conseguidos pola Alemaña do Oeste, excepto a Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1976. A selección ten varios capitáns honorarios (Ehrenspielführer) que son: Fritz Walter, Uwe Seeler, Franz Beckenbauer e Lothar Matthäus. En certa ocasión o xogador inglés Gary Lineker dixo: "O fútbol é un deporte que inventaron os ingleses, xogan once contra once detrás dun balón, e ao final sempre gaña Alemaña".
Historia
editarA selección de fútbol de Alemaña, daquela o Segundo Reich, xogou o seu primeiro encontro o 5 de abril de 1908 fronte a Suíza, partido que se saldou con derrota para os xermanos por 5 a 3. As cores do uniforme da selección, o branco e o negro, proceden das cores da monarquía alemá durante este período. Pese que a selección non xogou o seu primeiro encontro até 1908, a Federación Alemá de Fútbol ou Deutscher Fußball-Bund, fora fundada en 1900, sendo unha das fundadoras da FIFA en 1904. A selección estivo durante épocas fortemente marcada pola política. Entre 1938 e 1945, Austria ficou integrada na Alemaña Nazi. Con iso, destacados xogadores austríacos pasaron a ser tamén aproveitados pola selección alemá, mentres a austríaca (que utilizaba tradicionalmente un uniforme semellante) foi extinguida momentaneamente. A anexión ocorreu meses antes da Copa do Mundo de 1938, para a cal ambas as seleccións estaban clasificadas. Seis austríacos foron convocados para defender a Alemaña no mundial.
Trala Guerra, Alemaña foi dividida. As áreas conquistadas no conflito volveron aos antigos países, e o territorio alemán pre-guerra dividiuse en catro: Austria volveu ser un país independente e a súa selección foi retomada, foron creadas Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, cada unha tamén coa súa propia selección, e o Sarre, aínda que este último a finais dos anos 50, foi integrado na Alemaña Occidental.
As dúas Alemañas proseguiron divididas até o ano de 1990, cando se reunificaron. A reunificación deuse xa tras a Copa do Mundo daquel ano, gañada pola propia selección da Alemaña Occidental. Os occidentais, que continuaron a usar o uniforme da Alemaña pre-guerra, destacaron claramente, clasificándose para tódalas edicións da Copa do Mundo, sendo campións en 1954, 1974 (onde foron os anfitrións) e 1990 gañando en todos contra as seleccións favoritas ao título, respectivamente Hungría, Países Baixos e Arxentina. Unicamente non disputaron a Copa do Mundo de 1950, cando non existía ningunha selección alemá. Os occidentais tamén disputaron todas as Eurocopas a partir da edición de 1972, sendo campións. Vencerían tamén na de 1980.
A Selección de Alemaña Oriental, máis feble, clasificouse só para unha Copa do Mundo, xustamente a de 1974, realizada na Alemaña Occidental. Ambas se enfrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha Eurocopa. Por outro lado, gañaron ouro nos Xogos Olímpicos (nas Olimpíadas de 1976), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O azul era a cor da xuventude do Partido Comunista do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en 1974.
A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: Matthias Sammer e Michael Ballack. O primeiro título dende a reunificación foi a Eurocopa 1996.
Palmarés Copa do Mundo
editarAlemaña
República Federal Alemá
- 1954 - Campións.
- 1958 - 4º Posto.
- 1962 - Cuartos de final.
- 1966 - Subcampións.
- 1970 - 3º Posto.
- 1974 - Campións.
- 1978 - 2ª Rolda.
- 1982 - Subcampións.
- 1986 - Subcampións.
- 1990 - Campións.
Alemaña reunificada
Palmarés Eurocopa
editarRepública Federal Alemá
- 1960 - Non participou.
- 1964 - Non participou.
- 1968 - Non participou.
- 1972 - Campións.
- 1976 - Subcampións.
- 1980 - Campións.
- 1984 - Primeira Rolda.
- 1988 - Semifinais.
Alemaña reunificada
Xogadores
editarCadro actual
editarOs seguintes xogadores foron chamados para xogar o Mundial de Fútbol Rusia 2018.
Partidos e goles actualizados a 2 de xuño de 2018.
# | Posición | Xogador | Data de nacemento (Idade) | Partidos | Goles | Equipo |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Porteiro | Manuel Neuer | 27 de marzo de 1986 (38 anos) | 75 | 0 | Bayern München |
12 | Kevin Trapp | 8 de xullo de 1990 (34 anos) | 3 | 0 | Paris Saint-Germain | |
22 | Marc-André ter Stegen | 30 de abril de 1992 (32 anos) | 19 | 0 | Barcelona | |
2 | Defensa | Marvin Plattenhardt | 26 de xaneiro de 1992 (32 anos) | 6 | 0 | Hertha BSC |
3 | Jonas Hector | 27 de maio de 1990 (34 anos) | 37 | 3 | 1. FC Köln | |
4 | Matthias Ginter | 19 de xaneiro de 1994 (30 anos) | 17 | 0 | Borussia Mönchengladbach | |
5 | Mats Hummels | 16 de decembro de 1988 (35 anos) | 63 | 5 | Bayern München | |
15 | Niklas Süle | 3 de setembro de 1995 (29 anos) | 10 | 0 | Bayern München | |
16 | Antonio Rüdiger | 3 de marzo de 1993 (31 anos) | 24 | 1 | Chelsea | |
17 | Jérôme Boateng | 3 de setembro de 1988 (36 anos) | 70 | 1 | Bayern München | |
18 | Joshua Kimmich | 8 de febreiro de 1995 (29 anos) | 28 | 3 | Bayern München | |
6 | Centrocampista | Sami Khedira | 4 de abril de 1987 (37 anos) | 74 | 7 | Juventus |
7 | Julian Draxler | 20 de setembro de 1993 (31 anos) | 43 | 6 | Paris Saint-Germain | |
8 | Toni Kroos | 4 de xaneiro de 1990 (34 anos) | 82 | 12 | Real Madrid | |
10 | Mesut Özil | 15 de outubro de 1988 (36 anos) | 90 | 23 | Arsenal | |
14 | Leon Goretzka | 6 de febreiro de 1995 (29 anos) | 15 | 6 | Schalke 04 | |
19 | Sebastian Rudy | 28 de febreiro de 1990 (34 anos) | 25 | 1 | Bayern München | |
20 | Julian Brandt | 2 de maio de 1996 (28 anos) | 15 | 1 | Bayer Leverkusen | |
21 | İlkay Gündoğan | 24 de outubro de 1990 (34 anos) | 25 | 4 | Manchester City | |
9 | Dianteiro | Timo Werner | 6 de marzo de 1996 (28 anos) | 13 | 7 | RB Leipzig |
11 | Marco Reus | 31 de maio de 1989 (35 anos) | 30 | 9 | Borussia Dortmund | |
13 | Thomas Müller | 13 de setembro de 1989 (35 anos) | 90 | 38 | Bayern München | |
23 | Mario Gómez | 10 de xullo de 1985 (39 anos) | 74 | 31 | VfB Stuttgart |
Récords
editarMáis partidos xogados
editarActualizado a 22 de marzo de 2017.
Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.
# | Xogador | Etapa | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Lothar Matthäus | 1980–2000 | 150 | 23 |
2 | Miroslav Klose | 2001–2014 | 137 | 71 |
3 | Lukas Podolski | 2004–2017 | 130 | 49 |
4 | Bastian Schweinsteiger | 2004–2016 | 121 | 24 |
5 | Philipp Lahm | 2004–2014 | 113 | 5 |
6 | Jürgen Klinsmann | 1987–1998 | 108 | 47 |
7 | Jürgen Kohler | 1986–1998 | 105 | 2 |
8 | Per Mertesacker | 2004–2014 | 104 | 4 |
9 | Franz Beckenbauer | 1965–1977 | 103 | 14 |
10 | Thomas Häßler | 1988–2000 | 101 | 11 |
Máximos goleadores
editarActualizado a 23 de marzo de 2018.
Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.
# | Xogador | Etapa | Goles | Partidos |
---|---|---|---|---|
1 | Miroslav Klose | 2001–2014 | 71 | 137 |
2 | Gerd Müller | 1966–1974 | 68 | 62 |
3 | Lukas Podolski | 2004–2017 | 49 | 130 |
4 | Rudi Völler | 1982–1994 | 47 | 90 |
Jürgen Klinsmann | 1987–1998 | 108 | ||
6 | Karl-Heinz Rummenigge | 1976–1986 | 45 | 95 |
7 | Uwe Seeler | 1954–1970 | 43 | 72 |
8 | Michael Ballack | 1999–2010 | 42 | 98 |
9 | Thomas Müller | 2010– | 38 | 90 |
10 | Oliver Bierhoff | 1996–2002 | 37 | 70 |
Notas
editar- ↑ FIFA (ed.). "Germany: FIFA/Coca-Cola World Ranking". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en inglés)
- Perfil en UEFA.com (en inglés)
- Perfil en FIFA.com Arquivado 28 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)