Mario Gómez
Mario Gómez García, nado en Riedlingen o 10 de xullo de 1985, é un futbolista alemán, que xoga na demarcación de dianteiro no VfB Stuttgart, e na selección alemá de fútbol. O seu traspaso do Stuttgart ó Bayern foi un récord na Bundesliga, ó facerse por 30-35 millóns de euros.
Mario Gómez | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Mario Gómez García | ||
Nacemento | 10 de xullo de 1985 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Riedlingen | ||
Altura | 1,89 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | VfB Stuttgart | ||
Número | 27 | ||
Carreira xuvenil | |||
SV Unlingen | |||
FV Bad Saulgau | |||
1999–2001 | SSV Ulm 1846 | ||
2001–2003 | VfB Stuttgart | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2005 | VfB Stuttgart II | 43 | (21) |
2003–2009 | VfB Stuttgart | 121 | (63) |
2009–2013 | Bayern de Múnic | 115 | (75) |
2013–2016 | Fiorentina | 29 | (7) |
2015–2016 | → Beşiktaş JK (cedido) | 33 | (26) |
2016–2017 | VfL Wolfsburg | 45 | (17) |
2018– | VfB Stuttgart | ||
Selección nacional | |||
2005–2006 | Alemaña sub-21 | 9 | (1) |
2005 | Alemaña B | 2 | (1) |
2007– | Alemaña | 58 | (25) |
Na rede | |||
http://www.mario-gomez.de | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 18 de maio de 2013. Selección: actualizado a 6 de febreiro de 2013.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
De pai de orixe granadina Gómez naceu en Riedlingen. Medrou en Unlingen no estado de Baden-Württemberg, ó suroeste de Alemaña, a 95 km de Stuttgart e a 175 km ao suroeste de Múnic. Comezou a formarse futbolisticamente en clubs menores pasando pronto ás categorías inferiores do VfB Stuttgart, debutou co primeiro equipo en 2004 nun encontro de Liga de Campións ante o Chelsea FC e pouco despois na Bundesliga.
Na tempada 2004/05, aínda con ficha no filial anotou 15 goles en 24 encontros co mesmo. Na tempada seguinte xa se fixo un oco no primeiro equipo, disputando 30 encontros e anotando 6 goles
Na tempada 2006/07 converteuse nun dos máximos anotadores da Bundesliga a pesar de sufrir varias lesións, renovando co Stuttgart ata 2012. Ao ano seguinte foi o segundo máximo goleador do campionato ligueiro por detrás de Luca Toni e o máximo da Copa con 6 goles.
No verán de 2009 fichou polo Bayern de Múnic por unha cifra entre 30 e 35 millóns de euros. Na súa segunda tempada no club muniqués foi o segundo máximo anotador da Liga de Campións, por detrás de Samuel Eto'o, e o máximo da Bundesliga con 28 goles.
Na tempada 2012/13 e última no Bayern o equipo proclamouse campións da Liga de Campións.
Coa selección de fútbolEditar
Ten nacionalidade española e alemá, decidíndose por xogar coa selección alemá. O seu primeiro partido coma internacional foi en febreiro de 2007 contra a selección suíza e foi convocado regularmente dende entón.
Disputou a Eurocopa de 2008 e 2012 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.
Vida persoalEditar
Gómez é un notable portavoz sobre temas sociais, pensa que os homosexuais teñen que liberarse no fútbol e non preocuparse por iso. Gómez ten unha longa relación coa súa actual moza, Silvia Meichel.